Luns. 29.04.2024
El tiempo

O PP de Muxía critica a parálise da obra da depuradora de Trasufre

Visita da Deputacion a Muxia
Imaxe da visita da Deputación en 2021 para presentar a obra
O PP de Muxía critica a parálise da obra da depuradora de Trasufre

Forma parte do proxecto do POS provincial de 2019 e foi adxudicada en decembro do ano 2020. Pero a realidade é que ata o dñia de hoxe só se executou unha parte da obra da Estación Depuradora de Trasufre, a instalación de tubos. Dende esa, a obra está paralizada.

Así o denuncia o PP muxián, que sinala que a situación “é un exemplo caro da falla de resolución que ten este goberno. Temos unha obra de saneamento, un servizo fundamental, parada ante a incapacidade do goberno de resolver cousa algunha neste concello e quen o pagan son os veciños”, denuncia Sandra Vilela.

Dado que o financiamento se produce a través do POS provincial, o PP local pediu ao seu portavoz nesta institución, Evaristo Ben, que preguntase no pleno sobre esta obra mais o presidente da mesma Valentín Formoso tampouco contestou á pregunta plantexada polos populares.

Comentarios