Venres. 19.04.2024
El tiempo

O PP de Muxía denuncia deficiencias na execución de obras e critica a actuación arredor do Xulgado de Paz

Grupo de Goberno do PSOE do Concello de Muxía
Sandra Vilela carga contra o Grupo de Goberno do PSOE do Concello de Muxía
O PP de Muxía denuncia deficiencias na execución de obras e critica a actuación arredor do Xulgado de Paz

O plan de Obras de Muxía parece estar a pleno rendemento, pero segundo o PP hai importantes deficiencias. Por exemplo, nas obras dos camiños de Touriñán ou Fumiñeo que están paralizadas e supoñen importantes problemas de cara ó inverno. “En Moreira levan case un mes sen poder sacar coches nin poder ir o bus escolar ao estar a obra parada”, sinala Sandra Vilela.

A voceira da oposición valora que “o problema non é só técnico senon tamén un problema de organización” e asegura que os veciños “están cansos de que a única resposta que se lle dea sean largas pero solución ninguna”.

Máis grave aínda lles parece ós populares “o ataque realizado ó xuiz de paz de Muxía por parte do rexidor nas súas redes sociais nas que o acusa de obstaculizar o cambio de ubicación do xuzgado cando o único que se estaba esixindo era un espacio acorde ás necesidades deste organismo”.

Comentarios