Xoves. 18.04.2024
El tiempo

QPC imparte en Muxía o seu primeiro curso de galego nas Novas Tecnoloxías

QPC imparte en Muxía o seu primeiro curso de galego nas Novas Tecnoloxías
Curso de galego aplicado as NNTT de QPC no Concello de Muxia

Comezou o primeiro curso da factoría QPC. Unhas 15 persoas do Concello de Muxía acoden durante esta semana e ata vindeiro 26 de setembro ao Curso de galego aplicado ás Novas Tecnoloxías, que imparte o redactor deste diario Ubaldo Cerqueiro.

Os asistentes poden así aprender a utilizar o galego na rede, ademais de combinar co descubrimento de moitas ferramentas básicas para o seu uso.
Tras facer un pequeno repaso pola historia da lingua galega na internet, os asistentes tamén comentaron canto e para que usan a rede, reincidindo na necesidade da presencia do galego na rede para asegurar a súa supervivencia así como para recuperar a imaxe de lingua útil, moderna e noble.

Durante estes días tamén se realizarán completos repasos a unha batería de Ferramentas e Contidos 2.0 en galego. E as sesións rematarán con sendos talleres de creación dun artigo para a internet e de creación dun blog.

Durante os dous primeiros días de curso as clases están sendo completas. Polo de pronto, ademais compartir o seu diferente uso da rede (os perfís son claramente dispares), aprenderon a colocar navegadores e buscadores en galego, así como coñeceron algunhas das ferramentas lingüísticas que nos ofrece a rede.

QPC e Galinus formando

Dende QPC só podemos agradecer a confianza do Concello de Muxía para impartir este curso, curso encadrado no Programa de Dinamización e Normalización Lingüística “Muxía, vivindo en galego” do Concello muxián. Programa do que xa disfrutaron os nenos cun Concurso de Contos ou os peregrinos coa partida de salvamanteles repartidos polos establecementos.

Así mesmo, dende QPC animamos a outros Concellos a preguntar por estes cursos, para o que estaremos encantados de seguir impartíndoos polo resto da bisbarra.
Uns cursos que se completementan cos que o equipo de GalinusForma está desenvolvendo pola zona, máis técnicos, como o curso de Google Adwords, ou o de redes sociais que comeza o 25 de setembro.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios