Sábado. 24.10.2020
El tiempo

QPC: 5 anos informando na Costa da Morte

QPC: 5 anos informando na Costa da Morte
QPC-5-anos

Xa vai un lustro. 5 anos dende que a Costa da Morte ten o seu espazo de referencia informativa na rede. Foi un 27 de xullo de 2007 cando os membros da empresa Galinus decidiron embarcarse nesta aventura submariña. Unha aventura que segue en pé e con máis futuro que nunca.

5 anos nos que temos contemplado a evolución do uso das novas tecnoloxías nunha das zonas de menor incidencia da internet de toda Galicia. Cremos que temos aportado o noso gran de area para reducir a fenda dixital, dando argumentos á veciñanza para sumerxirse na internet dende as súas casas, e agora ademais tamén a través da APP Móbil de QPC.

A nosa aposta polo "Xornalismo cidadán", ese xornalismo que facedes todos vós achegándonos as cousas que acontecen ao voso redor, segue consolidándose. Boa parte dos contidos son achegados polos nosos lectores e facemos que esta humilde redacción poida chegar a cada recuncho da Costa.

Seguimos sendo unha refencia en deportes, e sobre todo no fútbol da Costa, como non, gracias a vós, que nos permitides chegar a unha ducia de campos cada fin de semana. Este inverno faremos unha boa homenaxe a toda esa xente do deporte costeiro que nos segue, cun Encontro como o feito o ano pasado pero máis enfocado ao deporte.

Ademais, seguimos contando cun gran equipo de colaboradores, e malia que uns sexan algo máis lacazáns que outros, continuamos creando opinión.

Pouco a pouco imos convertíndonos nunha referencia publicitaria, o meirande sustento que fai posible que este xornal se manteña vivo. A publicidade e o apoio institucional, que por certo, pouco a pouco os Concellos van entendendo que eles son os maiores beneficiados da nosa existencia, e van comezando a colaborar.

Continuamos orgullosos de todos os Servizos QPC: que se os Horarios de Autobuses, a Axenda Costa da Morte, Salvacadelos ou Recunchos da Costa seguen a ser espazos de referencia na Costa da Morte. Todo un Mundo QPC.

Xa son máis de 2 millóns de visitas dende o 2007, 7 millóns de páxinas vistas, cun incremento do 10% co respecto ao ano pasado. 175.000 usuarios únicos e case 3.000 visitantes diarios convírtennos na meirande referencia informativa a través da rede na Costa da Morte, por diante de medios de índole nacional que pouco apostan pola internet.

E seguiremos detrás da pantalla, alomenos, 5 anos máis!! Gracias por todo!!

Dossier de QPC 2012

Aquí vos deixamos cun pequeno dossier que describe QPC!

Novas QPC

Fonte

comentarios