Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Ramón Caamaño busca un novo sucesor en Muxía

Ramón Caamaño busca un novo sucesor en Muxía

O ano pasado xa atoparamos o primeiro sucesor do mítico fotógrafo muxián Ramón Caamaño. Pero a búsqueda continúa. Ano tras ano, o Concello de Muxía xunto coa Asociación de Turismo rural Muxía Natural van seguir convocando esta Maratón Fotográfica Ramón Caamaño.

Como non, o premio de fotografía ten por obxecto honrar a memoria do fotógrafo muxián, considerado o persoeiro máis importante máis importante da historia do Concello de Muxía. Moito traballo queda paralelo sen facer, para recuperar o seu legado, pois son milleiros as fotos que quedan no galpón dun veciño pudríndose.

Pero ademais, a idea do proxecto é a de promocionar o patrimonio do municipio, tanto o natural como o arquitectónico e etnográfico, convertindo a vila nunha referencia paisaxística e turística.

Temas

Este ano como novidade, haberá tres temas para fotografiar:

  • Entorno Natural.
  • Patrimonio arquitectónico e etnografico.
  • Establecimentos de Turismo Rural.

Os participantes deberán entregar fotografías dos tres temas. Haberá tres premios (1º, 2º e 3º) para cada tema.

Inscrición

A partir de hoxe, venres 30 de setembro, ábrese o prazo de inscrición para asegunda edición da maratón. O prazo permanecerá aberto ata o 14 de outubro, sendo o prezo da inscrición de 10 €. Unha vez pechado o prazo de inscrición, a partir do día 15 de outubro e durante un mes poderanse facer as fotografías para enviar ao concurso.

Teñen máis información chamando ao 981-742001 ou en www.concellomuxia.com, ademais das webs das páxinas das casas da Asociación de Turismo Rural Muxía Natural (Casa Ceferinos, Casa de Trillo, Casa de Lema, Casa Castiñeira e Casa Fontequeiroso).

Novas relacionadas

Outros certames fotográficos

Máis novas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Muxía.

Comentarios