Mércores. 23.10.2024
El tiempo

Reiteran as denuncia sobre o lamentable estado da Praia do Lago

Lixo na praia do Lago-Muxia
Reiteran as denuncia sobre o lamentable estado da Praia do Lago

A pesar das reiteradas denuncias da hostalería e a oposición, e malia que o Concello ten contratado un servizo de limpeza de praias, xa adxudicado, co contrato asinado e teoricamente funcionando, esta é a situación da praia do Lago a día 3 de xullo.

Malia estar xa en plena campaña de verán, unha das praias máis importantes da vila, con hostalería e dous campings ao seu arredor, o paseo e o piñeiral leva todo o mes nun estado lamentable.

”É que ninguén ten control sobre o que sucede, ninguén vai ver os areais, nin a comprobar se realmente se está facendo o traballo que está contratado?” pregúntase a voceira do BNG Mercé Barrientos, que critica e denuncia a “falta de xestión, falta de control e a desidia” do goberno municipal.

Lixo na praia do Lago Muxia en veran 2024

Máis novas

Comentarios