Sábado. 20.07.2024
El tiempo

Os hostaleiros denuncian o mal estado e a suciedade no paseo da Praia do Lago

Mal estado da pasarela da praia do Lago
Mal estado da pasarela da praia do Lago
Os hostaleiros denuncian o mal estado e a suciedade no paseo da Praia do Lago

Chega o verán pero coma sempre, as infraestruturas turísticas deixan moito que sedexar. Así o entenden os empresarios da zona da praia do Lago, que critican a falta de mantemento da praia e das pasarelas que aquí esisten por parte do concello de Muxia.

”Os negocios que estamos aquí somos Hotel Restaurante Playa de Lago, Camping e Restaurante Paraíso e Hospedaje Restaurante Barco da Vella. Todos estamos dacordo en facer esta reclamación publica dado o estado de abandono de toda a zona, a falta de limpeza e de mantemento”, apuntan cansos de ter enviado queixas continuamente pero sen atención municipal, e por iso deciden acodir á prensa.

”Só pedimos que se cumplan uns mínimos, xa sin entrar a falar (que tamén) da necesidade de inversión e de atención a una zona que tamén pertenece ao concello de Muxía, de gran reclamo turístico e pola que pasan miles de personas durante toda a primavera, verán e outono; turistas nacionales, extranxeiros, xente de toda a contorna, o Camiño dos Faros e un largo etc.”, apuntan.

A falta de limpeza tamen e cronica na praia do Lago
A falta de limpeza tamen é crónica

Comentarios