Sábado. 07.09.2024
El tiempo

Rescatan un home en Muxía tras caerlle unha pedra ao perderse facendo o Camiño dos Faros

Rescate no Camino dos Faros en Muxia
Rescatan un home en Muxía tras caerlle unha pedra ao perderse facendo o Camiño dos Faros

Un home tivo que ser rescatado este mediodía de mércores 7 de agosto dunha zona litoral na Punta da Buitra, mentres facía o Camiño dos Faros. A pesar de estar feita unha desfeita ante a falta de mantemento municipal, o home facía a ruta con 3 rapaces e outro grupo máis grande procedente de Allariz,.

Nun momento se desprazaron do sendeiro marcado, e cando un deles se tivo que agarrar a unha pedra, esta caelle enriba provo cando contusións na cara, nos brazos, e nas pernas…

Ás 12:50h os 112 alertaba aos Bombeiros de Cee, a Policía Local de Muxía, a Garda Civil de Corcubión, e a Ambulancia de Corcubión. As forzas de seguridade tíñao localizado dende arriba, pero non puideron chegar ata unha hora máis tarde sorteando toxos, silveiras… Ademais foi necesaria a evacuación aérea mediante o helicóptero de Salvamento Pesca 1, que tardou 1 hora ao saír dende Vigo.

Máis novas

Comentarios