Sábado. 07.09.2024
El tiempo

Denuncian a falta de mantemento do Camiño dos Faros no treito muxián

 Camino dos Faros cheo de toxos
Denuncian a falta de mantemento do Camiño dos Faros no treito muxián

A falta de concreción da homologación do Camiño dos Faros como ruta PR oficial provoca esta clase de cousas. Os Concellos, ás veces por despiste, ás veces por falta de interese, esquecen limpar o Camiño dos Faros, provocando que un dos mellores produtos turísticos da nosa comarca quede impracticable, ofrecendo unha pésima imaxe de comarca.

Non deixa de ser un exemplo perfecto de como coidamos o turismo na Costa da Morte, pero é lamentable ver zonas do sendeiro do Camiño dos Faros, en pleno mes de agosto (deberían estar rasuradas dende o mes de maio, polo menos), como o treito entre Muxía e Nemiña, convertido nunha auténtica selva.

Dende a Asociación Camiño dos Faros mesmo recomendan non percorrer a etapa 7 dende Muxía a Nemiña, e sinalan tamén que zonas da etapa 8, entre Nemiña e Fisterra, tamén están con moito toxo en zonas como punta da Lagoa, a Mexadoira ou a Nave.

Camino dos Faros feito unha selva en Muxia
Así está a día de hoxe o sendeiro por Nemiña

O BNG de Muxía tamén aproveita e denuncia a falta de mantemento en dous tramos do Camiño no Concello muxián.

Máis novas

Comentarios