Luns. 26.02.2024
El tiempo

Romeiros e festexeiros puideron coa chuvia na Barca

Romeiros e festexeiros puideron coa chuvia na Barca

Nin a choiva nin o vento poden con ela. A Romería da Virxe da Barca de Muxía, Festa de Interese Turístico Nacional demostra, ano tras ano, que segue a ser a cita máis multitudinaria da Costa da Morte. Esta fin de semana non foi unha excepción, a pesar de que a chuvia, o vento e a forza do mar fixeran tremer tanto as Pedras da Punta da Barca, como as tendas de campaña, completamente alagadas boa parte da fin de semana.

Dúas Barcas

Porque a Barca ten dúas Barcas: a da devoción e a da troula. Dúas barcas unidas nunha, xa que romeiros e festexeiros mestúranse e intercambian os papeis ao longo da fin de semana, como podemos comprobar na primeira foto, na que os festeixeiros, a modo de peña coas mesmas camisetas, convírtense en romeiros por un rato intentando abalar a Pedra.

A festa coas orquestras durou ata ás 9:00h... Polo que nos podemos imaxinar que houbo quen pasou un par de días enteiros sen durmir. Os fogos de artificio e as míticas tracas de bombas de palenque do peirao puxeron a nota polvorenta, que aínda non rematou.

Porque ollo, que hoxe aínda hai troula na Barca e tamén na Barquiña de Ponteceso, que segue de troula ata mañá.

A Festa das festas

Non cabe a menor dúbida de que a Festa da Barca é a Festa das Festas na Costa da Morte. A festa que despide o verán é a data que non se perde nin un só mozo dende Malpica ata Muros, e estes días o puidemos comprobar de moitos xeitos, ademais do feito de que nin a chuvia é capaz de calmala troula.

Por exemplo, os lectores do Facebook de QPC o deixaban claro na enquisa realizada sobre "Que festa non te podes este verán na Costa da Morte. Dos 1.200 votos e con máis de 50 festas apuntadas, os siareiros da Barca son maioría con 205 votos.

Por outra banda, botamos un ollo ao fútbol da Costa, do que facemos un seguemento completo cada fin de semana. Pois ben, ademais da suspensión (xa tradicional cada ano e ao que a Federación non pon ningunha pega) dos encontros do Muxía de 3ª Autonómica e xuvenil, todos os partidos se viron afectados polas Festas. Cóntannos dende Muros que os rapaces chegaron con resaca o domingo; en Corcubión xa houbo varios rapaces que avisaron que non irían xogar... E así numerosas historias nas que a troula e o fútbol volven tropezar.

Para o ano que vén, máis do mesmo.

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios