Rouban nun almacén municipal os motores da narcolancha varada en Muxía

14:35 27/04/23
Esta pasada madrugada do martes 25 ao mércores 26 de abril, foron roubados os 4 motores da narcolancha aparecida hai un mes na praia de Nemiña.
Os ladróns forzaron o acceso do almacén municipal situado nos Muíños, onde agardaban resolución xudicial por parte dos Xulgados de Corcubión.
A Policía Xudicial xa estivo esta mañá na vila muxiá e continúa investigando o caso.

Novas relacionadas
- 23-03-2023: Aparece varada unha narcolancha en Nemiña.