Venres. 03.05.2024
El tiempo

Sandra Vilela estreou o seu escano de deputada autonómica cunha visita a AFAFES

FOTO VISITA SANDRA VILELA
Sandra Vilalea con Jesús Picallo en AFAFES
Sandra Vilela estreou o seu escano de deputada autonómica cunha visita a AFAFES

A voceira e edil do PP de Muxía, Sandra Vilela, estreou o seu papel como deputada autonómica do Partido Popular, cunha visita á asociación AFAFES (Asociación de familiares de enfermos de alzhéimer de Fisterra e Soneira. Vilela quixo tamén destacar a labor “fundamental” que desempeña esta asociación que leva máis de seis anos traballando na prevención, a formación e a divulgación para dar a coñecer estas patoloxías, ademais de brindar atención e apoio aos enfermos e os seus coidadores.

A popular aproveitou para trasladar as novas axudas sociais que a Xunta de Galicia incluirá no orzamento que entrará en vigor a partir de xaneiro.

“Estamos a falar de axudas directas moi importantes e moi necesarias para mellorar o día a día de estas familias”, explicou Vilela, quen destacou o compromiso da Xunta de Galicia, reflexado, dixo, nos 9.000 millóns de euros que o goberno galego destinará no seu orzamento para gasto social.

A popular aproveitou o encontro cos representantes de AFAFES para abordar tamén a posibilidade de incluír equipos de psicólogos nos centros de saúde de Galicia para, desta maneira, apuntou Vilela, mellorar a saúde mental de todos os galegos.

Comentarios