Martes. 16.04.2024
El tiempo

Sorprendidos dous muxiáns roubando gasoil nas obras da Autovía

Sorprendidos dous muxiáns roubando gasoil nas obras da Autovía

A crise afecta a todos. E podemos comprobalo con situacións coma esta. Axentes da Garda Civil sorprenderon onte a dous mozos, veciños de Muxía, cunha garrafa plástica duns 30 litros, palanquetas e no medio de maquinaria da utilizada nas obras da autovía que circunvala Vimianzo.

Os feitos ocorreron de madrugada cando os gardas que estaban de patrulla nocturno observaron un vehículo coas luces acendidas no medio das máquinas.

Aínda que no momento da identificación os imputados non tiñan gasoil no envase, todo apunta a que, supostamente, a súa intención era apoderarse do citado combustible.

Os feitos foron postos en coñecemento do Xulgado de Instrución Dúas de Corcubión, que como apuntamos, seguen pendente do seu posible desmantelamento.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Garda Civil.

Comentarios