xoves. 26.02.2026
El tiempo

Tarugotón: A limpeza simultánea de paus de bateas chega aos Muíños

tarugoton-limpeza praia Muinos
Tarugotón: A limpeza simultánea de paus de bateas chega aos Muíños

Despois da esixente limpeza do areal de Estorde, a familia de Mar de Fábula escolle a praia dos Muíños, en Muxía, para a seguinte limpeza, que será este sábado 28 de febreiro a partir das 11:00h.

”Eleximos desta vez este areal, localizado no interior da ría, ca finalidade de recopilar datos e materiais da explotación do cultivo do mexillón que aparecen cas correntes doutras zonas de Galicia e tamén procedentes do "long-line" de Merexo. Os datos resultantes, serán volcados na base de datos do proxecto #tarugotón, que ten como obxectivo chamar a atención da industria fabricante dos tan nocivos paos de bateas, "tarugos" de plástico”, unha das maiores fontes de contaminación que sufrimos nas costas galegas.

A entidade levará todo o material necerasio para realizar esta llimpeza. A efectos de cobertura de seguros é necesario anotarse antes das 20.00 horas do venres, 27 de febreiro, con nome, apelidos e DNI, no correo electrónico: info@mardefabula.gal, ou no teléfono. 660242118.

Comentarios