Luns. 09.09.2024
El tiempo

Unha senda peonil conecta un tramo do Camiño de Santiago ao seu paso por Muxía e Santa Comba

Unha senda peonil conecta un tramo do Camiño de Santiago ao seu paso por Muxía e Santa Comba
A Deputación da Coruña adxudicou por importe de 207.088,23 euros as obras de construción de dúas novas sendas peonís nas estradas provinciais DP 5604 de Outes a Pereira por Pesadoira e DP 5201 de Muxía a Toruiñán pola costa ao seu paso polos concellos de Muxía e Santa Comba, uns tramos que coinciden co Camiño de Santiago e que carecen na actualidade de andéns peonís, o que obriga aos peregrinos a transitar pola plataforma da estrada, co consecuente risco de accidentes. A empresa Excavaciones Roberto SL foi a adxudicataria dos traballos, que teñen un prazo de execución de cinco meses e que suporán unha importante mellora das condicións de seguridade destes tramos do Camiño. Na DP 5201, o proxecto contempla a construción, tamén pola marxe esquerda, dunha senda de dous metros de ancho que discorrerá entre os PK 1+130 e 1+780 cun sistema de drenaxe de pluviais con rede de tubaxe de PVC reforzada con formigón e sumidoiros cada 25 metros. Como separación da senda peonil e o carril bici contiguo á estrada, pintaranse novas marcas viais, con resaltos no tramo máis próximo á estrada e dispositivos de captación de faros tipo “ollo de gato”. Estas obras enmárcanse no proxecto para construir diversas sendas peonís en estradas provinciais que forman parte do tramo Fisterra-Muxía do Camiño de Santiago, segundo afirmou o deputado responsable da área de Vías e Obras da institución provincial e alcalde dumbriés, José Manuel Pequeño, que destacou que estas accións “contribuirán a facer máis cómodo e seguro o cada vez máis transitado Camiño da Costa”. Novas relacionadas Fonte

Comentarios