A veciñanza bota as mans á cabeza por uns paneis informativos colocados sobre as Pedras da Barca
09:20 16/11/24
Estes días a veciñanza de Muxía atopouse cun “mojóns” sobre as rochas das pedras da Barca. Trátanse duns paneis informativos aprobados polo anterior goberno socialista, co beneplácito de Patrimonio e Costas, que deixa atónito a media vila.
Creados en madeira, contan cunha anclaxe de metal, formulados teoricamente para ser retirados en caso de mal tempo, sinalan cales son as pedras singulares, a dos Namorados, a dos Cadrís, a do Timón…
”Unha aberración” para moitos veciños e veciños.