A veciñanza muxiá pinta as fochancas para facer ver ao Concello a falta de mantemento
Fartas de enfrontamentos persoais e de esperar, a veciñanza de Muxía xa leva semanas arranxando eivas das súas infraestrururas pola súa man. Hai pouco arranxaban pola súa conta, coa súa maquinaria, camiños de Agrazón, Añobres, Senande ou Cibrán.
Desta vola, para criticar a alta de mantemento das vías e da proliferación de fochancas, a veciñanza está pintando as desfeitas nas estradas para tentar que o goberno municipal “vexa” as fochancas. Así o trasmite estes días o BNG, que ve como zonas como Vilela, Os Castelos, San Martiño, Leis, Castelo, Agranzón e Senande, as fochancas amenceron rodeadas por chamativas liñas de pintura de cores amarela, azul ou vermella.
Algunhas fochancas, como a estrada AC440 a San Martiño e á pista que vai de Vilar a Añobres, xa foron tapadas con parches de pedras e cemento, se ben dende o BNG de Muxía reclaman de novo que "se tome en serio o arranxo das vías; que se inicien traballos pendentes dos POS de 2022 e 2023 e que se inclúan no proxecto para o POS de 2024 aqueles arranxos que xa foron aprobados por unanimidade nos plenos desta lexislatura".