Viki Rivadulla exporta tamén as súas Rosalianas a Vilalba

Aínda coas súas bravas Atlánticas de exposición en Fonseca, non para Viki Rivadulla e vén de levar outra mostra ata Vilalba.

Desta volta leva “Rosalianas”, unha mostra antolóxica da artista muxiá que foi inaugurada o pasado venres, no Salón de Exposición do Auditorio Municipal da vila lucense.

Na posta de longo estivo acompañada polas poetas Pilar Maseda, Luz Airado, e Luz Airado Bello, ademais de estar presente a concelleira de cultura e a alcaldesa de Vilalba e a presidenta do Instituto de Estudos Chairegos.

Resulta case paradóxico que Viki teña máis aceptación lonxe das nosas fronteiras que na súa propia casa…

Artigos e novas de Viki Rivadulla en QPC