10 anos no ronsel da Galería Mulleres
“A xeración á que pertenzo, (posterior á Segunda Guerra Mundial), medrou nunha época
na que á muller se lle trataba coma unha nena e unha propiedade. Mantíñaselle coma unha
horta en barbeito...pero, por sorte, o vento sempre leva consigo sementes silvestres. A pesares
de que non se aprobaba o que escribían, as mulleres seguían traballando con afán. A pesares
de que non se lles recoñecía o menor mérito ao que pintaban, as súas obras alimentaban o
espírito. As mulleres tiñan que suplicar a fin de conseguir os instrumentos e os espazos para a
súa arte e, se non obtiñan nada, atopaban o seu espazo nas árbores, nas covas, nos bosques
e nos roupeiros”.
Clarissa Pinkola Estés. Mulleres que corren cos lobos
Este marzo cúmprense 10 anos do Programa Galería Mulleres do Concello de Muxía. Comezamos en marzo de 2010. Foi un empeño persoal sacar este programa no que mes a mes visibilizáramos a aportación das mulleres á sociedade e ós diferentes ámbitos culturais, científicos, o deporte , o activismo… e tiven o apoio do Concello para poder facelo dende aí, dende o meu posto de traballo.
Hoxe podería contarvos por que facemos este programa cada mes, os seus obxectivos, a necesidade de seguir falando do traballo das mulleres e dando visibilidade… pero logo de dez anos creo que xa coñecedes a Galería a os seus obxectivos e QPC ten moito que ver nisto, mes a mes dándonos difusión (moitas grazas, Ubaldo). O que hoxe gustaríame contarvos é o que significou para min, e significa, a nivel persoal levar esta Galería Mulleres.
En primeiro lugar teño que dicir que a Galería foi unha ferramenta importante de coñecemento, que dalgún xeito foi cambiándome a vida. Pois se xa o feminismo era unha parte importante do meu ser, mesmo dende que o era de xeito inconsciente canda nena, dende hai anos é a filosofía que xa dun xeito consciente e decidido impregna toda a miña vida e a miña obra, e traballar na Galería Mulleres foi unha vía de coñecemento fundamental que completou e guiou a miña formación. Porque no camiño do empoderamento e liberación dunha muller, a formación é fundamental. E estamos a falar de auto formación, xa que temos que deconstruír todo o que nos transmitiron para logo construír o novo sistema de coñecementos e valores que sustenta a nosa forma de estar no mundo. No currículo das facultades e das escolas nada disto se ensina aínda. E as mulleres seguen a estar fóra dos libros de texto e non son presentadas como referentes. Por iso temos que procurar recursos e estratexias que nos axuden a reconstruír a historia do saber dando paso a toda esa marea de mulleres silenciada ao longo dos séculos
E aí estivo a Galería como recurso de auto formación e procura. É un recurso de cara a fóra, que dende o Concello de Muxía ofrecemos a quen queira achegarse a ela e tamén é un recurso para quen vos fala xa de xeito persoal.A Galería levoume a ler en tempo record moitas obras de mulleres. Eu xa son unha lectora empedernida, e penso que a lectura é unha das ferramentas de empoderamento máis potentes que existe, mais coa Galería cheguei a obras ás que igual tardaría máis en chegar ou ben non tería chegado. É curioso tamén ir comprobando como unhas mulleres levábanme a outras. É como se me colleran da man e me presentaran ás súas compañeiras. Estón infinitamente agradecida por todo o que lin e por todo o que aprendín e continúo aprendendo. Preocupeime non só de buscar a protagonista do mes, senón de coñecela, de ler dela e sobre ela e no caso das galegas contemporáneas, contactei persoalmente con case todas para pedirlles asesoramento á hora de facer o cartel e a biografía.
Afondar nas vidas de todas estas mulleres, e na súa obra, lémbrame o que dicía Novoneyra, que limpando as cousas do faiado da casa familiar sentía que andaba a tocar as mans dos antepasados. Algo así sinto eu.
Facendo a Galería sinto que falo con esta mulleres. Síntoas moi cerca de min e dan sentido a moitas cousas da miña vida. Penso na luz que elas trouxeron á miña vida e na forza que me dan. Porque elas contan todo o que pasaron, o que loitaron e son un referente para min .
Sinto tamén que formo parte dun ronsel de mulleres que vén de lonxe e seguirá no futuro e que todas estamos aí dando luz unhas ás outras. Moitas faláronme coa súa obra e a súa vida de todas as presións que tiveron que soportar. Tristemente, atopei algunhas que deixaron o camiño para vivir as vidas que en realidade non eran as súas. Alonxándose do seu verdadeiro ser. Algunha acabou na loucura ou no suicidio. Por non falar de cantas foron asasinadas, queimadas, guillotinadas, despoxadas de todo ou aldraxadas...O camiño das mulleres nunca foi doado, hai moita dor e moita loita detrás.
Mais todas formamos parte do ronsel. As que viñeron antes e as que han vir. E dalgún xeito reconforta pensar que todo o que fagamos vai seguir adiante neste ronsel imparable , un ronsel que ten cambiado o mundo máis que calquera outra revolución. É a revolución pacífica das mulleres. “É a primeira revolución da historia con estas características; unha transformación que se fai mediante a palabra, a argumentación e o convencemento; mediante a reclamación de xustiza e a transformación das leis e das mentalidades.” dicía Mª Xosé Queizán en Anti Natura. E igual que o traballo das mulleres cambiou o mundo, a min esta Galería cambioume a vida , porque entrei en lugares nos que non entrara antes, ou volvín entrar nos que xa coñecía, en fermosos bosques de coñecemento, de compromiso, de creatividade... agora que estón acompañada por todas elas, o camiño non ten marcha atrás.
Remato insistindo en que con esta Galería queremos contar como a creatividade das mulleres foi sempre e é un pozo sen fondo a pesares de ter todo en contra. E non só para crear e desenvolver os seus traballos en calquera eido, senón mesmo para atopar o xeito de facelo fuxindo do lugar onde se nos quería deixar. Saír do lugar que o edificio patriarcal ten para nós é un exercicio de conciencia e de valentía que non sempre pode manterse. Todas as mulleres da Galería son anomalías dun sistema que tiña para elas outro papel, mais elas deron o paso de tomar as rendas das súas propias vidas, rachar estereotipos e rachar barreiras. E as que conseguiron sacar adiante o seu proxecto de vida son semente para as alas que nos han medrar ás demais.
Convídovos a ler obra de mulleres e contemplar as súas obras artísticas, a escoitar a súa música e ler as súas biografías; nas súas obras está a súa dor, a súa suor e bágoas, o seu saber, o seu calor e a súa palabra amiga e sorora e tamén a súa alegría, creatividade, forza , compromiso a rebeldía e o goce de vivir como mulleres. Non perdades esta riqueza de saber e emocións. (Na biblioteca de Muxía hai unha sección dende o ano 2008 que é a Biblioteca da Muller, outro empeño persoal no que conseguín o apoio do Concello e aí está, a única na comarca e das poucas no país; habería que continuar mercando obras fundamentais do feminismo e de autoras indispensables para nutrila e mantela viva, aí o deixo para quen queira escoitar)
Secularmente silenciadas, ocultas tras as sinaturas dos seus homes, seus pais ou seus patróns… máis xa o tempo dos patróns rematou. E agora vogamos nós!
10 anos da Galería Mulleres Muxía
- Marzo 2020: Audre Lorde celebra os 10 anos de historia en feminino da Galería Mulleres de Muxía.
- Febreiro 2020: Galería Mulleres: Isabel Cabanillas, activista de 26 anos asasinada en México.
- Xaneiro 2020: A Galería de Mulleres estrea o 2020 coa mestra republicana ceense Mercedes Romero Abella.
- Decembro 19: A crítica de arte feminista, Micaela Fernández Darriba, é a protagonista da Galería de Mulleres en decembro.
- Novembro 19: Novembro acolle á abolicionista e activista feminista Sojourner Truth na Galería de Mulleres.
- Outubro 19: Greta Thunberg: acción contra a crise climática na Galería Mulleres de Muxía.
- Setembro 19: A activista asasinada Berta Cáceres protagoniza o setembro da Galería Mulleres.
- Agosto 19: Briggitte Baptiste: a loita medioambiental, e polos dereitos transxénero, toma a Galería Mulleres.
- Xullo 19: Carola Rackete, unha capitana de barco, e heroína, na Galería Mulleres.
- Xuño 19: A fotógrafa Lee Miller protagoniza o mes de xuño da Galería Mulleres.
- Maio 2019: Carme Adán: Feminismo galego activo para a Galería Mulleres.
- Abril 19: Agnés Varda, a precursora da ‘Nouvelle Vague’, protagonista do abril da Galería Mulleres.
- Marzo 19: Ma Rayne: A Galería Mulleres de Muxía lembra á Nai do Blues para celebrar 9 anos de historia en nome de muller.
- Febreiro 19: A Galería Mulleres de Muxía realza a figura de Mercedes Queixas Zas.
- Decembro 18: A titiriteira Larraitz Urruzola protagoniza o decembro da Galería Mulleres de Muxía:
- Novembro 2018: Novembro en negro na Galería Mulleres coa Nóbel da Paz Nadia Murab.
- Outubro 18: Teresa Castro, unha atleta costeira que bate marcas na Galería Mulleres.
- Setembro 18: A arte de Soledad Penalta protagoniza o setembro da Galería de Mulleres de Muxía.
- Xullo 18: A pintura abstracta de Berta A. Cáccamo chega á Galería Mulleres de Muxía.
- Xuño 18: A Galería Mulleres de Muxía repasa a loita de Angela Davís
- Maio 18: O maio da Galería Mulleres para coñecer a María Victoria Moreno, a protagonista das Letras Galegas
- Abril 18 A Galería Mulleres tamén chora o asasinato da activista brasileira Marielle Franco.
- Marzo 18: A Galería Mulleres de Muxía loita contra o esquecemento da morte da artista cubana Ana Mendieta.
- Febreiro 18: A palestina Ahed Tamíní protagoniza a Galería Mulleres do mes de febreiro.
- Xaneiro 18: Nacy Spero: Arte comprometida para comezar 2018 na Galería Mulleres
- Decembro 17: Judith Butler: A Filosofía “queer” toma o decembro da Galería Mulleres de Muxía.
- Novembro 17: A Galería Mulleres de Muxía resalta a figura de Victoria Camps.
- Outubro 2017: Chus Pato protagoniza a Galería Mulleres de Muxía
- Setembro 2017: A Galería Mulleres recupera a historia de Alice Guy, a primeira cineasta
- Agosto 2017: Mireia Belmonte dalle visibilidade á Muller no Deporte.
- Xullo 2017: A filósofa Celia Amorós protagoniza a Galería Mulleres do mes de xullo.
- Xuño 2017: A Galería Mulleres de Muxía homenaxea á feminista Fadela Amara
- Maio 2017: Carmen Blanco protagoniza a Galería Mulleres da biblioteca de Muxía
- Abril 2017: Maruja Mallo regresa á Galería Mulleres
- Marzo 2017: A Galería Mulleres recorda a xornalista e activista Carmen de Burgos
- Febreiro 2017: A Galería Mulleres descubre as pinturas de Sofonisba Anguissola
- Xaneiro 2017: A Galería Mulleres recoñece o traballo fotográfico de Ruth Matilda Anderson
- Decembro 2016: A Galería Mulleres de Muxía homenaxea a Eli Ríos
- Novembro 2016: María Balteira chega á Galería Mulleres da biblioteca de Muxía
- Outubro 2016: A Galería Mulleres dá voz á poesía mediática de Yolanda Castaño
- Agosto 2016: A Galería Mulleres lembra á primeira muller embaixadora da historia.
- Xullo 2016: A Galería Mulleres recupera a figura de Marguerite Duras.
- Xuño 2016: Unha das autoras máis destacadas da pintura chega á Galería Mulleres
- Maio 2016: Ecofeminismo dende a India para o maio da Galería Mulleres
- Abril 2016: Helena Villar Janeiro protagoniza a Galería de Mulleres da biblioteca de Muxía.
- Marzo 2016: Olympe de Gougues chega á Galería de Mulleres de Muxía
- Febreiro 2016: Rosalía de Castro volve á Galería de Mulleres de Muxía
- Xaneiro 2016: A Galería de Mulleres de Muxía homenaxea a Rosalía Fernández Rial
- Decembro 2015: A Galería Mulleres de Muxía lembra a historia de Ana Frank
- Novembro 2015: Unha oleira de Buño na Galería Mulleres.
- Outubro 2015: A Galería de Mulleres de Muxía homenaxea á escritora viguesa Ledicia Costas.
- Agosto 2015: A Rexubeira de Bergantiños, historia da Galería Mulleres:
- Xullo 2015: A Galería Mulleres de Muxía homenaxea neste xullo á escritora Emma Pedreira.
- Xuño 2015: Filosofía grega para o xuño da Galería Mulleres muxiá.
- Maio 2015: A Galería Mulleres queda na Coruña para coñecer a narrativa de Mercedes Leobalde.
- Abril 2015: A Galería Mulleres repara feridas cos poemas da arxentina Alejandra Pizarnik.
- Febreiro 2014: Coñecendo a provocadora literatura de Susan Sontag na Galería Mulleres.
- Xaneiro 2014: Erotismo para comezar o 2015 na Galería Mulleres.
- Decembro 2014: Mary Wollstonecraft trae o ensaio feminista á Galería Mulleres.
- Novembro 2014: Un recordo por Begoña Caamaño no novembro da Galería Mulleres de Muxía.
- Outubro 2014: Quen descubríu a Virginia Wolf na Galería Mulleres de Muxía?.
- Setembro 2014: A Galería Mulleres homenaxea por setembro a Ana María Matute.
- Agosto 2014: A ceense María Canosa protagoniza o agosto da Galería Mulleres.
- Xullo 2014: A Galería Mulleres de Muxía recupera a vida da mestra Ernestina Otero.
- Xuño 2014: Unha diva do ballet para o xuño da Galería Mulleres.
- Maio 2014: A Galería Mulleres lembra a loita polos dereitos de Mary Shelley.
- Abril 2014: Pintura romana para seguir coñecendo mundo coa Galería Mulleres de Muxía.
- Marzo 2014: A Galería Mulleres celebra os seus 4 anos recuperando a historia nome a nome con Concha Blanco.
- Febreiro 2014: A escultura arxentina de Lola Mora protagoniza o febreiro da Galería Mulleres.
- Xaneiro 2014: A Galería Mulleres de Muxía arrinca 2014 co compromiso de Elena Poniatowska.
- Decembro 2013: A Galería Mulleres de Muxía achéganos ao mundo de Doris Lessing.
- Novembro 2013: A escultora francesa Camille Claudel chega á Costa a través da Galería Mulleres.
- Outubro 2013: Savia nova con Berta Dávila para o outubro da Galería Mulleres.
- Setembro 2013: Un setembro heroico con María Soliña na Galería Mulleres de Muxía.
- Xullo 2013: Marta Dacosta, máis compromiso social para a Galería Mulleres.
- Xuño 2013: A escritora Marica Campo protagoniza o xuño da Galería Mulleres.
- Maio 2013: Rebeca Baceiredo aporta pensamento á Galería Mulleres de Muxía.
- Abril 2013: A artista muxiá Eva Castiñeira na Galería Mulleres de abril.
- Marzo 2013: A Galería Mulleres de Muxía cumple 3 anos con Teresa Alvajar.
- Febreiro 2013: Fina Casalderrey. Unha académica da RAG para o febreiro da Galería Mulleres.
- Xaneiro 2013: Exeria: a primeira peregrina cristiá estrea o 2013 na Galería Mulleres de Muxía.
- Decembro 2012: Luz Pozo, poesía mariñá para a Galería Mulleres.
- Novembro 2012: Un baile con Carolina Otero dende a Galería Mulleres de Muxía.
- Outubro 2012: Anisia Miranda protagoniza o outubro da Galería Mulleres de Muxía.
- Setembro 2012: Chavela Vargas no inicio do novo curso na Galería Mulleres.
- Agosto 2012: Syra Alonso achéganos ás torturas da represión franquista dende a Galería Mulleres.
- Xullo 2012: A Galería Mulleres preséntanos á pedagoga Antía Cal.
- Xuño 2012: Remedios Varo, pintura surrealista para o xuño da Galería Mulleres.
- Maio 2012: Xela Arias: poesía e tradución para o maio da Galería Mulleres de Muxía.
- Abril 2012: A científica Angeles Alvariño protagoniza o abril da Galería Mulleres de Muxía.
- Marzo 2012: Aurora Marco protagoniza o mes de marzo da Galería Mulleres e se achega por Muxía.
- Febreiro 2012: O Concello de Muxía dedica o mes de febreiro da Galería Mulleres a María Reimóndez.
- Xaneiro 2012: A Galería Mulleres de Muxía inclínase ante Frida Calo.
- Decembro 2011: A Galería Mulleres lembra este mes de decembro á imprescibible Concepción Arenal.
- Novembro 2011: A Galería Mulleres recupera o compromiso de María Miramontes.
- Outubro 2011: A Galería Mulleres expón este outubro á escritora Teresa Moure.
- Agosto 2011: Luisa Villalta, na Galería Mulleres durante este mes de agosto.
- Xullo 2011: A galería Mulleres de xullo está dedicada á filósofa e profesora galega Mª Xosé Agra Romero.
- Xuño 2011: Simon de Beauvoír, unha pensadora no xuño da Galería Mulleres.
- Maio 2011: María do Carme Kruckenberg, muller do maio na Galería Mulleres.
- Abril 2011: A Galería Mulleres viaxa ata Alemaña para coñecer á pintora alemá Käthe Kollwitz.
- Marzo 2011: A fisterrá Celia Rivas protagoniza o marzal da Galería Mulleres de Muxía.
- Febreiro 2011: Xohana Torres, a muller de febreiro na Galería Mulleres de Muxía.
- Xaneiro 2011: Xaneiro é o mes de Luz Darriba na Galería Mulleres de Muxía.
- Decembro 2010: A pensadora María Zambrano, a protagonista do Novembro da Galería Mulleres.
- Outubro 2010: Marilar Aleixandre protagoniza o outubro da Galería Mulleres.
- Setembro 2010: Coñecendo á actriz María Casares coa Galería Mulleres.
- Agosto 2010: A actriz e escritora Paula Carballeira protagoniza o agosto da Galería Mulleres.
- Xullo 2010: A transgresora pintora Maruja Mallo protagoniza o xullo da Galería Mulleres de Muxía.
- Xuño 2010: A escritora e pioneira feminista María Xosé Queizán protagoniza o xuño da Galería Mulleres.
- Maio 2010: Muxía dedica o maio da Galería Mulleres a Rosalía de Castro.
- Abril 2010: A primeira muller membro da RAG protagoniza o mes de abril da “Galería Mulleres” de Muxía.
- Marzo 2010: María Lado estrea a Galería Mulleres do Concello de Muxía.
Fonte
- A Biblioteca da Muller de Muxía, da man de Viki Rivadulla.