Xesús Búa segue espallando a través do seu libro e a súa exposición o valor das percebeiras da Costa da Morte
O vindeiro 6 de decembro ás 19:00 horas, arrinca en Muxía o programa “Lendo Lendas”, e faino coa presentación do libro de Xesús Búa, Homes e Mulleres de Sal e Ferro, no Edificio de Servizos Múltiples. Será a primeira das 6 presentacións literarias deste ciclo que estará operativo ata febreiro.
Será unha oportunidade para coñecer de primeira man este traballo internacional dun dos fotógrafos máis singulares da nosa comarca. Un libro que vén acompañado, como non podía ser doutro xeito, dunha exposición, que xa visitou lugares tan singulares como As Azores, Avintes ou Brasil, pero tamén varias vilas galegas. Esta fin de semana, de feito, expone no Culturgal de Pontevedra.
Ao longo do mes de decembro, Búa percorrerá a comarca de Soneira, os Concellos de Muxía, Camariñas e Vimianzo, de onde precisamente son as persoaxes deste traballo.