Venres. 19.04.2024
El tiempo

Xohana Torres, a muller de febreiro na Galería Mulleres de Muxía

Xohana Torres, a muller de febreiro na Galería Mulleres de Muxía

Continúa o Programa de Galeria Mulleres do Concello de Muxía para visibilizar a aportación da muller á nosa cultura. O mes de febreiro está dedicado a Xohana Torres.

Poeta, narradora e dramaturga, Xohana Torres é unha referencia obrigada na historia da literatura galega contemporánea. Forma parte daquelas xeracións de escritores/as que, comprometidos/as coa lingua nos difíciles anos da ditadura franquista, contribuíron á normalización da literatura galega tocando todos os xéneros. Premio da Crítica, en 1980, polo poemario Estacións ao mar.

A proposta de Xosé Luís Méndez Ferrín e Salvador García-Bodaño ingresou na Real Academia Galega o 27 de outubro do 2001.

Na BIblioteca da Muller de Muxía podes atopar os seguintes libros sobre ela:

  • Polo mar van as sardiñas. Xohana Torres. Ed. Galaxia.
  • Tempo de ría. Xohana Torres.

Novas relacionadas

Comentarios