Venres. 19.04.2024
El tiempo

Unha xornada técnica para crear unha marca de calidade para o Percebe Da Barca

WhatsApp Image 2021-12-09 at 11.43.48
Unha xornada técnica para crear unha marca de calidade para o Percebe Da Barca

O sábado 11 de decembro ás 10:00 horas na Sala A Camposa do Edicificio de Usos Mútltiples de Muxía celebrarse o “I Congreso Para a Posta en Valor dos Manxares Atlánticos: Percebe, turismo, economía e sustentabilidade”. Trátase dun novo paso do proxecto “Da Barca, ouro Atlántico”Q, desenvolto pola Confraría, para dar conta da maxia do rei do marisco.

A Asociación Profesional Perbece da Barca convida a Modesto Gómez Rodríguez, CEO de Enxeño Galicia a dar unha charla sobre márketing; a Miguel Pazos, profesor da USC para falar da importancia do produto local nas sociedades; unha mesa redonda con representantes de marcas tan coñecidas como Pementos de Hermón, IXP Grelos de Galicia, IXP Pataca de Galicia ou IXP Faba de Lourenzá.
Despois da paisa tócalle o turno a Alejandro López Regueiro e a Amil López Vieites, antes doutra nova mesa redonda con, entre outros, Milucho Louro de Fresco y del Mar.

O evento retransmitirase vía ZOOM e na páxina de Facebook Percebe Da Barca, o mércores 15 de decembro.

WhatsApp Image 2021-12-09 at 11.43.30

Novas relacionadas

Comentarios