Domingo. 22.09.2019
El tiempo

Xurxo Souto visita a biblioteca de Muxía

Xurxo Souto visita a biblioteca de Muxía
xurxo souto visita a biblioteca de muxia Será o vindeiro sábado, 2 de abril, ás 19:30 horas cando Xurxo Souto, un mítico dos Diplomáticos de Monte Alto, visite a biblioteca de Muxía para falar de "Oceáno para terrícolas". A charla, que está dirixida ao público adulto, comeza ás 19:30 horas. A actuación entra dentro do circuito Ler Conta Moito, subvencionado pola Xunta para as bibliotecas que pertecen á Rede de Bibliotecas de Galicia. O acto comezará da seguinte forma: "Galicia é unha pedra no Atlántico e un espazo mariño que abrangue todos os océanos. Quizá un mariñeiro do Berbés non saiba de Olelas, na raia de Portugal, mais todos saben de Capetón, na fin de África; e de Antuerpe, Amberes, no galego do mar. Cómpre mollarse nas palabras e cómpre principiar polo Gran Sol. Caladoiros tan próximos -A Ferradura, Mar do Candil -que tamén teñen nome na nosa lingua ." Hai poucos meses, Xurxo Souto xa visitou a Costa da Morte para presentar a I Foliada Solidaria organizada polos estudantes de “Artes escénicas e Xestión Cultural do IES Maximino Romero de Lema de Baio. Novas relacionadas Fonte

Comentarios