Mércores. 27.10.2021
El tiempo

A volta das chuvias enche o río Xallas

A volta das chuvias enche o río Xallas

Coa chegada do outono volven ás chuvias á contorna e tras varios anos nos que prevaleceu máis ben a sequía nestas fechas, parece que este ano volve á normalidade con chuvias continuas en toda a comarca. Feito que tamén trae consigo que aumenten os caudais dos ríos.

En todo caos, dende Protección Civil aseguran que de momento, o caudal do Xallas está seguindo as previsións normais a pesar de encontrarse nunha alerta amarelo. É posible que durante os días de máis choiva o río sobrepase algunha ponte, cousa que xa están vixiando, pero non existe maior perigo. Aínda así, recomendan que non se saia das casas os días nos que haxa moita choiva.

Por todo isto, que dende a Axencia Galega de Emerxencias alertan dos riscos de enchentes puntuais que poidan suceder na contorna de numerosos ríos da comunidade, como o Xallas, e presentan varias medidas que poden axudar a reducir riscos se che sorprende o desbordamento dun río:

Se estás ao aire libre

  • Se o río comeza a medrar, afástate das zonas de ribeira
  • Sitúate nun lugar que non sexa susceptible de riadas
  • Vaias a pé ou nun vehículo, non tentes atravesar o río, a súa forza podería arrastrarte
  • Evita empregar as pontes que cruzan o río
  • Tampouco camiñes por zonas inundadas, podes caer nun burato, nun sumidoiro ou mesmo recibir un golpe dun tronco ou calquera outro obxecto
  • Afástate de construción que poidan derrubarse, cables e postes da luz
  • Se vas no coche, intenta dar a volta en canto chegues a unha zona inundada
  • Aparca o máis lonxe que poidas do río
  • Se quedas atascado co coche nun punto, intenta abandonalo o antes posible

Se estás na casa

  • Tenta taponar portas e ventás para evitar que o río inunde a vivenda
  • Coloca os obxectos de valor e documentación en zonas altas para evitar perdelos
  • Desconecta a corrente eléctrica
  • Garda sempre na casa auga envasada e comida en conserva por se a inundación te deixa illado
  • Ten un botiquín de emerxencias sempre preparado e unha lanterna
  • Segue as indicacións das autoridades a través dunha radio de pilas
  • Se recibes orde de evacuar a vivenda, faino o máis rápido que poidas e seguindo as indicacións dos efectivos de emerxencia

 

comentarios