Sábado. 12.10.2024
El tiempo

Tabeirón recupera e homologa o Carreiro do Río

Tabeirón recupera e homologa o Carreiro do Río

Xa está perfectamene transitable a nova ruta polos ríos de Baio. A familia da Asociación de Veciños Tabeirón leva dende 2017 recuperando os carreiros de pesca dores do río Grande, limpando e desbrozando, rescatando pontellas, sinalizando... pero tamén organizando eventos deportivos arredor do río. E despois de moito traballo e esforzo, teñen xa unha nova ruta homologada, ante a falta do últiimo exame da Federación Galega de Montañismo.


Pero xa ten nome, PRG-270, e xa está perfectamente sinalizada coas sinais oficiais brancas e amarelas e os postes de madeira, gracias ao seu compromiso.

Trátase dunha ruta circular de 13 km (hai unha variante de 2km), de dificultade baixa, idea para toda a familia. Sae da praza Jorge Mira de Baio, pasa pola carballeira a través do río Grande, sube polo Lamas ata a área recreativa Pedra Vixía, e volve ao río Grande, e segue ata a zona do Allo, para voltar á praza baiesa.


Durante a ruta poderás ver varios muíños restaurados, e aínda teñen pensado recuperar algún máis.

Carreiro do rio de Baio sinalizado
Carreiro do rio de Baio sinalizado

 

Pontella no carreiro do rio de Baio
Pontella no carreiro do rio de Baio

Comentarios