10 anos do Torneo Solidario de Miclub Pádel en beneficio de Asanog
O torneo solidario de pádel Concello de Carballo, organizado por Miclub Pádel a beneficio da Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia (ASANOG), cumpre dez anos. E celébrao nada menos que con 115 parellas anotadas oara o torneo que se celebra 30 de novembro o 8 de decembro, unha semana na que se disputarán entre 350 e 400 partidos.
O recadadado permitirá axudar entidade no seu labor coas familias de nenos afectados polo cancro, unha enfermidade que en Galicia afecta cada ano a máis de 70 menores de 14 anos, segundo datos do Sergas.
Este ano, o torneo ofrece un espazo para todos os niveis e idades, desde as categorías masculinas e femininas ata mixtas, pais e fillos, e mesmo iniciación, para que ninguén quede sen a oportunidade de participar.