Mércores. 01.05.2024
El tiempo

14 deportistas da Costa da Morte disputarán o Mundial de bailes caribeños en Macedonia do Norte

Equipo AeM Pre-mundial Baile 2023.-Arte e Movemento
Equipo Pre-mundial de Arte e Movemento
14 deportistas da Costa da Morte disputarán o Mundial de bailes caribeños en Macedonia do Norte

Hai un ano o clube Arte e Movemento facía historia en Polonia, no Campionado do Mundo de bailes caribeños IDO 2022. Por primeira vez nesta competición soou o himno de España, e fíxoo non unha, senón catro veces.
Este ano, son 14 os deportistas da Costa da Morte que representarán a España os días 6 e 7 de novembro, no Campionato do Mundo de Bailes Caribeños IDO 2023, celebrado nesta ocasión en Macedonia do Norte.

“Volvemos pero con toda a humildade porque soamente pasar unha ronda vai ser un gran éxito”, afirma Graciela Toba, presidenta do clube ceense.

Os e as deportistas seleccionados van dende os 10 anos ata os 27, e proceden de diversos concellos da zona: Cee, Santa Comba, Camariñas, Zas e Fisterra.

Máis novas

Comentarios