Martes. 07.05.2024
El tiempo

5 alumnos do Club Cee Deportes de Contacto triunfaron no OPEN European Championships de Taekwon-do

  • Tres competidoras costeiras forman parte da selección española de taekwon-do itf.
  • O Club ceense conta nestes momentos cuns 50 deportistas que comezan a prácticar desde os 4 anos de idade.
 Cee Deportes de Contacto no open madrid 2
5 alumnos do Club Cee Deportes de Contacto triunfaron no OPEN European Championships de Taekwon-do

A pasada semana do 26 ao 29 de outubro, 5 alumnos do Club Cee Deportes de Contacto asistiron ao OPEN European Championships de Taekwon-do da ITFU realizado en Las Rozas (Madrid).

Neste campeonato participaron 16 países de Europa e algún do resto de continentes. A pesar da gran cantidade de participantes obtiveron moi bos resultados. Dos 5 competidores que asistiron, todos volveron con algún galardón.

Ignacio González Castro e Adrián Lema Cernadas chegaron á final en combate individual junior da cal saíron victoriosos cada un na súa categoría, obtendo así dúas medallas de ouro.

Antía Río Salgado obtivo dous ouros en tul III Dan e combate individual e dúas medallas de prata en tul e combate por equipos senior.

Idaira Carballo Louzán obtivo dúas medallas de bronce en tul individual I Dan e en combate individual, mentres que na modalidade por equipos senior obtivo dúas platas.

Ambas competidoras obtiveron un trofeo como recoñecemento ao mellor equipo senior do campeonato.

Ademais, Nicole Carballo Louzán obtivo dous ouros en tul por equipos OPEN e en tul por equipos junior oficial. Ela e seu equipo obtiveron o trofeo ao mellor equipo junior da competición.

As tres competidoras forman parte da selección española de taekwon-do itf coa que se levan preparando un tempo para as modalidades por equipos do evento.

 Cee Deportes de Contacto no open madrid 1

Comentarios