Xoves. 10.10.2024
El tiempo

O AD Ponciano Nieto deixouse media Liga en Compostela pero confía no ascenso

Arteal Compostela 3 - AD Zas Ponciano Nieto
Arteal Compostela 3 - AD Zas Ponciano Nieto
O AD Ponciano Nieto deixouse media Liga en Compostela pero confía no ascenso

Este pasado sábado disputouse en Santiago o partido estelar da 3ª Nacional Centro entre Arteal Compostela e AD Zas Ponciano Nieto. Ambos equipos chegaban empatados a puntos co-liderando a liga e xa moi distanciados do resto de rivais. Foi un partido apaixoante, pero a vitoria quedou en Santiago, deixando practicamente o título, e o ascenso, sentenciado polo Arteal 3, unha vez que que quedan dous partidos de Liga.

En calquera caso, o cadro zaseiro non pode despistarse porque debe gañar os dous partidos que lle quedan para poder lograr o ansiado ascenso á 2ª División Nacional. "Todos esperamos o ascenso, si. Era mellor sendo primeiros pois non dependías de ninguén. Agora gañando os dous encontros que restan seremos o mellor segundo dos tres grupos e entrariamos na lista como 4º equipo para ascender e tendo en conta que o Arteal non pode ascender ao grupo 1 de 2º División Nacional pero si ao grupo 2 (teria que ir xogar ao grupo de León, Cantabria e Asturias) e teremos que esperar a súa renuncia de ascenso, o cal é moi posible, pero non está no noso criterio", explica Stevo Lema.

3ª Nacional Grupo Centro

  • Resultado: Arteal Compostela 3 - AD Zas Ponciano Nieto (4-1).

Saíron ambos equipos co seu plantel de gala. Comezaba Miguel Rey perdendo fronte á xoven promesa santiaguesa Mateo Lois por 1-3, nun gran partido no que o zasense deixou escapar unha gran vantaxe no 2º set para poñerse 2-0.
Continuaba Roi Sixto fronte a Pedro Lois ao cal vencía 3-1.
Con 1-1 no xeral, saltaba Raúl López que tras un moi bo comezo nos dous primeiros sets non foi capaz de cerralos e cedeu por 0-3 fronte a Pablo Lois.
2-1 para os santiagueses e salían os de Zas a por todas no dobres. Dous sets caían pola mínima para os de Santiago e xa no último os de Zas cederon 7-11.
3-1 e era o turno de Roi Sixto fronte a Mateo Lois. Moi animado o xogador santiagués e xa co encontro de cara para Arteal, conseguía vencer por 3-0 a Roi.

1ª División Galega

  • Resultado: Conxo Ponte de Ferro - VTM Pinturas Figueiras (4-3)

Por outro lado, VTM Pinturas Figueiras caía derrotado en Conxo por un axustado 4-3, resultado que se pode considerar de sorpresa xa que no encontro de ida gañaran os de Vimianzo por un claro 4-0.

Novas relacionadas

Comentarios