Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O AD Ponciano Nieto segue soñando co ascenso

Partido do Arteal Compostela 2 - AD Zas Ponciano Nieto de tenis de mesa
Partido do Arteal Compostela 2 - AD Zas Ponciano Nieto de tenis de mesa
O AD Ponciano Nieto segue soñando co ascenso

Fantástico partido do AD Zas Ponciano Nieto na 3ª División Nacional de Tenis de Mesa fronte a un dos mellores equipos da liga como é o Arteal Compostela 2 por un contundente 4-0.
Con esta vitoria o equipo zasense segue co-lider na clasificación e dependendo de si mesmo para gañar a liga e conseguir o ansiado ascenso á 2ª División Nacional.

3ª Nacional centro

  • Resultado: Arteal Compostela 2 - AD Zas Ponciano Nieto (0-4).

Arteal Compostela 2 - AD Zas Ponciano Nieto

O partido comezaba coa vitoria de Raúl López por 3-1 sobre Alfredo Varela nun partido no que o zasense marabillou dando mostra da súa progresión nesta tempada.

O segundo partido disputouno o xogador número 1 do equipo zasense, Roi Sixto, que non dou opción contra un dos mellores xogadores da categoría como é Pablo Roo, vencendoo por un contundente 3-0.Salía no terceiro encontro o xogador-adestrador Miguel Rey que vencía por 3-1 a Julio Silva.
No partido de dobles o AD Zas Ponciano Nieto cerraba o partido gañando por un axustado 3-2.

1ª Galega

  • Resultado: VTM Pinturas Figueiras - Oroso TM Mesón Tambre (4-1)

Ademais, o cadro VTM Pinturas Figueiras tamén gañou o seu choque contra o Oroso.

Vindeira cita

  • 3ª División Nacional Masculina, grupo centro, ás 17:00 horas no pavillón San Tomé de Cambados: Chinelas - AD Zas Ponciano Nieto.
  • 2ª División Nacional Feminina. Concentración en Narón a partir das 16.00 h ante CTM Mos Femenino, Monte Porreiro Conf. Capri e Cinania Promesas Femenino.

     

Comentarios