O AD Zas Ponciano Nieto aprenden a gañar... na última xornada
Vanse acabando as fases regulares das ligas, esta foi a última xornada de 3ª Nacional e 2ª Galega con resultados dispares e tamén cunha alegría grande coa vitoria contundente do AD Zas Ponciano Nieto en 2ª Nacional masculina dando mostras de que se segue loitando cada partido ao máximo nivel e que, sin importar a situación na táboa, sempre se lle quere gañar ao rival de enfrente.
Outra nota positiva foi a volta ao triunfo do AD Zas Dimobel Bazar Baio despois de varias xornadas sen facelo. Por ultimo, neste preliminar, darlle a noraboa a VTM Pinturas Figueiras que coa súa vitoria sube ao terceiro posto do grupo que lle dará direito ao ascenso a 1ª Galega.
2ª División Nacional masculina
- Resultado: AD Zas Ponciano Nieto - San Estaban Cao de Narón (6-0).
E resulta que os bos partidos saen agora cando non hai presión do resultado, en teoría deberiase xogar así sempre pero as circunstancias non deixan. Moi ben Luis Azevedo que consegue así as súas primeiras vitorias nesta División Nacional, ademais unha delas ante José Piñeiro que é un veterano nesta División, e cumpliron moi ben tamén Brais Blanco e Edu Quintela, que se xogasen coma nas dúas últimas xornadas estariamos falando doutra clasificación, pero ao que pasou mellor non removelo.
De todas formas esta vitorias levantan a moral sobre todo nun final de temporada e de cara a pensar na próxima que sempre se ve con outro optimismo.
3ª División Nacional masculina
- Resultado: Nautalia Viajes de Narón - Concello de Mazaricos (4-3).
Quedoulles claro aos mazaricáns que teñen moito que entrenar para que eles sós, sen o concurso de Miguel Rey, poidan gañar encontros suficientes para permanecer nesta 3ª División Nacional. Tiñan esta última xornada unha boa oportunidade para comprobar o seu nivel ante un equipo que xa se daba por descendido (con esta vitoria salvouse) e que dispuña a xogadores de categorías inferiores, e, ainda así non foron capaces de gañarlles, a uns mazaricáns non lles senta ben a falta de presión pero tampouco responderon cando a tiñan. Se durante toda a temporada lles demos a noraboa polos resultados obtidos agora só queda darlles un toque de atención e que se poñan a entrenar este tempo sen competición para realmente fortalecerse e non depender do seu entrenador-xogador Miguel Rey.
2ª División Galega
- Resultado: CDTM A Estrada Pazo de Xerlís - AD Zas O Pinar (4-1).
- RCTM A Estrada - AD Zas Dimobel Bazar Baio (3-4). VTM Pinturas Figueiras - Hípica Coruña (4-0).
Por fin unha vitoria na última xornada para AD Zas Dimobel Bazar Baio e pola mínima, ante un equipo ao que no principoio de temporada lle gañaba claramente pero os veteranos Pazos e Castro están nese momento de que nin aquí nin alí do seu xogo, o que os vexa entrenar diria que non perden partido e logo cando ven o momento del non son capaces de resolver as situacións. Agora contan cun Matteo Yang que vai a máis cada día.
Ademais, foi normal o resultado do AD Zas O Pinar que, a pesar de que llas poñen todas, quédalles camiño para estar competitivos.
Por último, o VTM Pinturas Figueiras que fixo un final de temporada meteoríco gañando todos os encontros dende aquela chamada de atención donde perderan por ir de superiores. Con estas catro vitorias consecutivas lograron chegar ao 3º posto da clasificación do grupo e que lles dará dereito ao ascenso a primeira Galega se así o desexan.
Concentración escolar na Picota
Por outra banda o domingo tivo lugar unha das concentracións escolares na Picota donde se comprobou como non vai a mais este último ano a canteira do tenis de mesa, mais ben estancouse, viñeiron moitos de Cee, pero de Zas, A Baña e Vimianzo diminuiron e da zona de Noia so asistiu un. Non hai que desfalecer na promoción deste deporte pero igual lle hai que dar unha volta ao xeito de facelo. Nas escolas está o futuro pero hai que saber chegar a elas e contaxiar a todos/as.
Vindeiros compromisos
Será a última xornada da liga en 2ª Nacional masculina e femenina e con elas rematarán as ligas nas fases regulares.
Sábado 13 de abril.
- 2ª División Nacional femenina en Pontevedra.
- 11'00 h CTM GAM de Meaño - SD A Baña.
- 11'00 h.Vilargarcía TM -Concello de Mazaricos.
- 12'30 Vilagarcía TM - AD Zas Cafetería Talladas.
- 12'30 CTM GAM de Meaño- Concello de Mazaricos.
- 12'30 Monte Porreiro Promesas - SD A Baña.
- 16'00 CTM GAM de Meaño - AD Zas Cafetería Talladas.
- 16'00 Monte Porreiro Promesas - Concello de Mazaricos.
- 18'00 Vilagarcía TM - SD A Baña.
- 18'00 Monte Porreiro Promesas - AD Zas Cafetería Talladas.
Domingo 14 de abril:
- 2ª División Nacional masculina en A Coruña: 11'00 Cluib del Mar - AD Zas Ponciano Nieto.