Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Só o VTM Pinturas Figueiras salvou a honra do tenis de mesa costeiro nunha xornada de trámite

Imaxe do choque entre Cofersa Cidade de Narón - AD Zas Aluminios Xeal
Imaxe do choque entre Cofersa Cidade de Narón - AD Zas Aluminios Xeal
Só o VTM Pinturas Figueiras salvou a honra do tenis de mesa costeiro nunha xornada de trámite

Ningunha vitoria dos equipos de AD Zas a pasada fin de semana, salvou as da honra da comarca que protagonizou o VTM Pinturas Figueiras vencendo os dous encontros. Houbo moitas dificultades para formar os equipos debido as moitas baixas que por diversos motivos non podian xogar, co cal recurriuse a todos os dispoñibles. En todo caso, como ningún equipo se xogaba nada de importancia na clasificación, os resultados non provocaron modificacións nela. As que si valen de cara a clasificación foron as vitorias do propio VTM Pinturas Figueiras, que o levan ata a 3ª posición do grupo.  

1ª Nacional Femenina

  • Resultado: Cofersa Cidade de Naron - AD Zas Aluminios Xeal (5-1).
  • Resultado: TDM Sanjurjo Moda - AD Zas Aluminios Xeal (5-1).

Notáronse moito as baixas de Miriam Domínguez e Ana García no equipo AD Zas Aluminios Xeal e tampouco María Castro tivo o seu día. O escesivo calor do pavillón pasoulle factura e, tampouco Lara Romero nin Tatiana Recarey xogaron como o fixeran ultimamente e de aí eses resultados. Xa antes de xogar os partidos se sabía que non variaba a 3ª posición da táboa polo que os encontros foron de puro trámite. Comprobaron as xogadores Lara e Tatiana que hai moita diferencia entre a 2ª e a 1ª femenina.

2ª Nacional masculina

  • Resultado: Breogán Oleiros - AD Zas Ponciano Nieto (4-2).

Os mellores partidos xogados por Edu Quintela non serviron para sacar nada positivo de Oleiros, pois Brais Blanco fallou moito e para Luis Azevedo de momento un pouco lonxe do nivel de 2ª Nacional e sobre todo ante o equipo de Oleiros que está optando ao ascenso.

Breogán Oleiros - AD Zas Ponciano Nieto
O AD Zas Ponciano Nieto, á dereita, non puido co Breogán

3ª Nacional masculina

  • Resultado: Concello Mazaricos - CTM Milagrosa (0-4).

Quixo probar Miguel Rey como responderían os xogadores de Mazaricos sen a súa participación no equipo e así que os propios xogadores visen o seu nivel para competir en 3ª Nacional. E visto o resultado debe ter as ideas claras e os xogadores tamén. Hai moito que mellorar para manterse en 3ª Nacional sen Miguel Rey. Os de Mazaricos, coa permanencia asegurada, déronlle con este resultado aires a un Milagrosa que xa se consideraba descendido.
Queda un encontro para volver a mostrar o aprendido esta temporada.

1ª División Galega

  • Resultado: Conxo Ponte de Ferro - AD Zas Construcciones Cernadas (4-3).

Quedou só Raúl López do equipo habitual de AD Zas Construcciones Cernadas e respondiu a tope gañando os tres partidos que xogou, non serviron para gañar pois tanto Mateo Cousillas como Mariña Suárez non gañaron pero hai que agradecerlles que si estiveran dispostos para xogar ante o gran número de baixas que había nesta xornada. No encontro non se xogaba nada polo que ninguén tiña presión e cada un pudo xogar a o seu aire e nesto Raúl foi o gañador.
Terminou a temporada neste grupoco AD Zas Aluminios Xeal en 3ª posición.

2ª División Galega

  • Resultado: Hípica Coruña - AD Zas O Pinar (4-1).
  • Resultado: TM A Estrada - Pazo de Xerlís - AD Zas Dimobel Bazar Baio (4-3).
  • Resultado: Oroso TM Peluquería Tije - VTM Pinturas Figueiras (3-4).
  • Resultado: Oroso TM Trastes - VTM Pinturas Figueiras (1-4).

Non sacaron nada positivo os equipos do AD Zas Dimobel Bazar Baio nin AD Zas O Pinar pois parece que os xogadores van de máis a menos neste final de temporada. O único que se salvou nesta xornada foi Matteo Yang que fixo moi bos partidos, sobre todo o último contra Ramón Ramos a pesar de perdelo.

Os que si están enchufados neste final son os de VTM Pinturas Figueiras que contra todo pronóstico gañaron en Oroso aos de Peluquería Tije, segundos clasificados, e despois aos de Oroso Trastes, contra estes ultimos xa se esperaba. Con estas vitorias colánse 3º no grupo, posición que deben refrendar na ultima xornada da liga que será o vindeiro sábado.

Liga Malov

O domingo 31 desprazáronse ata Oroso varios xogadores da comarca para participar na liga Malov que cada mes está a acadar máis participantes. Este pasado domingo foron 114 xogadores que encheron o pavillón e a sala que dispón o club dun ambiente deportivo a fartar e onde se enfrontaron de novo moitos xogadoes que xa o fixeran o sábado nas ligas federadas e tiveron oportunidade de revancha. Nesta liga todos xogan sen a presión de gañar para o equipo pero si coa presión que se da cada un a si mesmo, parece que non conta pero a ledicia da victoria e moi bonita.

Vindeira xornada

Sábado 6 de abril, todos ás 17'00h:

  • 2ª División Nacional masculina: AD Zas Ponciano Nieto - Embutidos San Esteban Cao, no ximnasio do CPI de Zas.
  • 3ª Nacional masculina: Nautalia Viajes - Concello Mazaricos, en Narón.
  • 2ª División Galega:
    -TM A Estrada Pazo de Xerlís - AD Zas O Pinar, en A Estrada;
    - VTM Pinturas Figueiras - Hípica Coruña, no pavillón municipal de Vimianzo.

Domino 7 de abril:

  • Ás 11'00 h: RCTM A Estrada - AD Zas Dimobel Bazar Baio, en A Estrada.
  • De 15'00 h a 19'00 horas concentración escolar no pavillón municipal de A Picota. Alí veremos o fururo do tenis de mesa da comarca nas competicións das categorias benxamín, alevín, infantil e cadete. Ademais aproveitarase para facer un torneo de cara aos afeccionados maiores.

 

Todas as novas do tenis de mesa costeiro

Comentarios