O AD Zas Ponciano Nieto xógase a Liga este sábado ante o Arteal Compostela 3
Nova do AD Zas Ponciano Nieto na 3ª División Nacional de tenis de mesa ante o Chinelas que lle permite chegar á finalísima deste sábado en Santiago. O cadro soneirán dispútase o campionato de Liga ante o Arteal Compostela 3, unha vez que os dous chegan empatados no alto da táboa a fañta de 3 xornadas.
3ª División Nacional
- Resultado: Chinelas Cambados - AD Zas Ponciano Nieto (1-4)
O equipo zasense, cun xogo moi sólido, conseguiu vencer en Cambados con 2 puntos de Miguel Rey, 1 de Raúl López e 1 de Adrián Levoso, xogador que debutaba no equipo e lograba un importante punto frente ao mellor xogador de Cambados.
2ª División Nacional Femenina
- Resultado: AD Zas Femenino - CTM Mos (0-3)
- Resultado: AD Zas Femenino - Monte Porreiro (3-0)
- Resultado: AD Zas Femenino - Cinania TM (0-3)
E na 2ª femenina só unha victoria que non empaña a boa temporada que están a xogar todas as xogadoras, e o máis importante que están a coller ánimos para seguir mellorando e competindo.
Vindeira xornada
Este sábado 4 de marzo disputaranse os seguintes partidos:
- 3ª División Nacional, grupo centro, ás 17:00h en San Lázaro, Santiago: Arteal Compostela 3 - AD Zas Ponciano Nieto.
- 1ª División Galega, grupo centro, ás 16:30h no pavillon de Vite, Santiago: Zoolandia Conxo Ponte de Ferro - VTM Pinturas Figueiras.
-
Novas relacionadas