xoves. 28.05.2026
El tiempo

O AD Zas e o VTM Vimianzo triunfan no provincial de Tenis de Mesa

Tenis de mesa en Zas
Familia do AD Zas nos provinciais celebrados no seu pavillón
O AD Zas e o VTM Vimianzo triunfan no provincial de Tenis de Mesa

A pasada fin de semana disputouse o Pavillón de Zas o campeonato provincial de tenis de mesa "XOGADE”. Máis de 100 xogadores de 44 equipos chegados de toda a provincia (das comarcas de Ferroltera, Santiago, Barcala e da Costa da Morte), participaron nesta xornada organizada, satisfactoriamente, polo AD Zas.

Entre os participantes, non faltaron representantes do AD Zas e do VTM Vimianzo, os dous clubs costeiros que volveron demostrar que están na vangarda do tenis de mesa autonómico.

Ademais de ser unha xornada marabillosa, con máis de 150 persoas pasando o día na vila zaseira, en canto ao deportivo, o AD Zas de Miguel Rey conseguía varios podios, como os de Adrián Pose e Xoán Durán (Subcampións Benxamíns), Anxo Castro e Jacobo Olveira (Campións Alevíns), Roi Roget e Javier López (Bronce Alevín), Manuel Casal e Jairo Suárez (Bronce infantís) ou Pablo España e Hoajian Bi (Campións Cadetes).

Campions do VTM Vimianzo no provincial de Zas
Campions do VTM Vimianzo no provincial de Zas

Tamén volve con satisfacción a familia do VTM Concello de Vimianzo. Os vimianceses, coordinados por Paco Paz, lograron o 3° posto en categoría cadete (Izan, Jonathan) o 2° Posto en categoría alevín (Karim, Joey ) e se proclamaron campións en categoría Infantil (Simón, Pablo).

Máis novas

Comentarios