Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Os amantes do surf extremo volven á Costa da Morte

Equipo de Axi Muniain e algun visitante na Punta da Buitra vendo surf extremo
Equipo de Axi Muniain e algun visitante na Punta da Buitra vendo surf extremo
Os amantes do surf extremo volven á Costa da Morte

Volven os amantes do surf extremo á Costa da Morte coincidindo co primeiro forte temporal de mar. Xa puxeron a súa base (cun espectacular camión) na zona de Corme (Ponteceso), preto da temida ”Tremosa”. Pero a primeira saída do equipo de Axi Muniain foi na zona da Punta da Buitra (en Muxía). O vasco é vello coñecido da nosa comarca e sempre gusta de disfrtar os grandes temporais na procura das ondas xigantes da nosa comarca.

Camion de AXi Muniain puxo base na zonad e Corme
O camión do equipo de Axi Muniain pon base na zona de Corme

Previsto de todo un equipo audiovisual (cámaras, drones…), con motos de auga de apoio… pasadas as 15:30h, cando entraba o mar de fondo con máis forza, lanzábanse ao mar Axi xunto a Xabier López, un rapaz tamén vasco de tan só 19 anos.

Esperamos esas imaxes que nos envíen eses drones, así como esperamos velos máis días cabalgando as nosas ondas.

Ondas da Punta da Buitra
Nalgún lugar desas ondas, que non alcanza o noso obxectivo, hai dous surfistas extremos...

Equipo de Axi Muniain na Costa da Morte
Equipo de Axi que anda polas pedras e as ondas da comarca

Novas relacionadas

Comentarios