Anxo Castro e Pablo España volven con medallas dos Campionatos Galegos
Grandes novas para a familia do AD Zas. Esta pasada trasladábase a Valdviño a participar no Campionato Galego, con importantes resultados..
Na categoría benxamín, Anxo Castro completou un torneo excepcional, vencendo todos os seus encontros ata chegar á final, onde cedeu por un axustado 3-2 ante Jiaming Guo, actual Campión de España 2025, proclamándose subcampión galego tras unha actuación de moitísimo nivel.
En categoría xuvenil, Pablo España conseguiu a medalla de bronce tras alcanzar as semifinais, nun campionato moi sólido no que mostrou un gran rendemento competitivo.
Na xornada do domingo, nas categorías prebenxamín e alevín, os máis novos tamén deixaron moi boas sensacións. Xoan Durán e Adrián Pose debutaron nun Campionato Galego cunha actuación moi positiva, mentres que Jacobo Olveira acadou os cuartos de final en categoría alevín.
Cómpre destacar especialmente a actuación de Anxo Castro, que sendo aínda xogador benxamín, conseguiu tamén proclamarse subcampión galego en categoría alevín, superando todas as roldas ata chegar de novo á final fronte a Jiaming Guo.

