Xoves. 09.05.2024
El tiempo

Os arqueir@s de Flechas por un Tubo volveron do Campiobato Galego con tres podios

Arqueiras de Flechas por un tubo
Arqueiras de Flechas por un tubo no Barco
Os arqueir@s de Flechas por un Tubo volveron do Campiobato Galego con tres podios

Esta pasada fin de semana varios arqueiros do Club Flechas por un Tubo de Ponteceso participaron no Campionato Galego que se celebrou no Barco de Valdeorras, organizado polo Arcobarco. Fermosa experiencia para a parroquia bergantiñá, que ademais se puido aderezar con varios podios.

Campionato Galego Tiro con Arco
Campionato Galego Tiro con Arco
Manuel Souto García Flechas Por un tubo subcampion galego tiro con arco
Manuel Souto García

Por exemplo, Manuel Souto García levou a medalla de prata na categoría de recurvo alevín masculino.

Lucía Castro Fondo, recolleu a medalla de bronce en recurvo cadete feminina. Nesa mesma categoría Leonor Andrade Varela, conseguiu o cuarto posto.

Ademais Pedro Álvarez Pailos fixo medalla de prata na categoría de recurvo cadete masculino.

Pedro Alvarez Pailos subcampion galego con Flechas por un tubo
Pedro Alvarez Pailos, subcampión galego 

Torneo de Nadal

O club invita a todo o mundo a participar no 1º Torneo de Nadal de tiro con arco de Sala para categorías inferiores. A cita será este sábado 23 e participarán arqueiros de Dous X setenta de Vimianzo, Arco Narón, Cachamuiña de Ourense, The Cutarc Team da Coruña e os arqueiros locais de Flechas por un tubo. Gozarán dunha tarde amena con doces, roscón, chocolate e sobre todo moitas frechas.

Nadal Tiro con Arco Ponteceso

Comentarios