Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Balonmán: Sumando para non perder comba

Bm Xiria na Caniza
Partido do Xiria na Cañiza
Balonmán: Sumando para non perder comba
Balonmán: Sumando para non perder comba

Xornada positiva para os equipos costeiros. O Xiria non fallaba na Cañiza e mantense a 4 puntos do Lavadores, tendo aínda 4 puntos de vantaxe sobre os grandes rivais agora mesmo, o Embutidos Lalinense e o Unión Financieira, que son os que poderían arrebatarlle a segunda praza.

Na zona baixa da táboa da 1ª Estatal, o Bm. Camariñas sumaba un novo puntiño, que sabe a pouco a pesar de telo conseguido cun con de Alberto sobre a bocina, que o coloca empatado, pero por diante de Luceros e Rasoeiro, que ocupa unha penúltima praza que provocaría o descenso. Iso si, o cadro conserveiro ten un partido menos, contra o Bueu, que foi aprazado polo mal estado da pista.

Mentres o Bm. Xallas disputaba un cómodo partido no que puido recuperar boas sensacións ante o transcendental partido da próxima xornada. Os xalleiros visitan a pista do Poio, o líder que conta cun só punto de vantaxe sobre os da Costa. A cita, clave para o título, será o sábado ás 20:30h no Municipal de A Seca.

&nbs;

1ª Estatal Masculina, xornada 20

  • Resultado: Balonman Saeplast Cañiza - Calvo Xiria (22-31).
  • Xiria: Iago Gómez (p), Antonio Mato (p), Carlos Vilanova (2), Cuco, Julián López, Fran Rey, Brais Puñal, Pablo Iglesias (5), Carlos García (2), Chimpo (9), Juan Carlos Rodríguez (1), Manuel Méndez (2), Jorge Bouzas (6), Alejandro Calvete (3), Enrique Pena (1), Iván Amarelle.

Non era unha pista fácil e o Calvo Xiria non se relaxou o máis mínimo, sabedor de que calquera tropezo pode alonxar ao cadro carballés da loita polo título. E así o demostraron, con 60 minutos sen fisuras, demostrando por que son a defensa menos goleada da categoría, sacando rápidas contras que dende o comezo xa deixaban aos verdes por diante. Con 10-14 remataba o primeiro tempo.

O comezo da segunda metade foi definitivo e en apenas 10 minutos xa colocaban vantaxes de 8-10 goles que deixaba o partido visto para sentenza.

&nbs;

1ª Estatal Masculina, xornada 20

  • Resultado: Bm. Camariñas - Luceros (29-29)

Presentábase o choque como unha oportunidade de conseguir 2 puntos ante un rival directo pero non saíu o mellor dos partidos, sobretodo en defensa, xa que o ataque si era efectivo. O Cangas "reforzábase" para este partido con 2 xogadores do equipo de Asobal, que fixeron dano aos conserveiros.

Aínda así os de Moncho Canosa vencían 28-26 a falta de 3 minutos, pero varios erros propiciaron a remontada visitante, e a falta de 7 segundos estaban 1 abaixo. Tempo morto e unha acción ensaiada/desesperada para que Alberto colocase o definitivo empate.

Aínda queda moita loita por diante para intentar escapar dos dous postos de descenso.

&nbs;

2ª Autonómica, xornada 16

  • Balonmán Xallas - Linea 21 (33-24)

A pesar de contar un día máis con numerosas baixas, os xalleiros superon saír do paso e dominar o encontro de principio a fin. Unha boa labor defensiva sumanda os numerosos contragolpes finalizados polos seus extremos deronlle o partido e 2 puntos máis para seguir na loita polo primeiro posto.

O cadro xalleiro segue contando con dous dos máximos goleadores da liga, como Damián Rodrúguez e Mario García de Searez.

A vindeira xornada, os xalleiros desplázanse a Pontevedra, donde se enfrontarán o ED.Poio, líder da categoría desde o pinchazo dos de Santa Comba en Bueu fai apenas dúas semanas. Partido vital para decidir en gran medida quén será o favorito para acabar a temporada no máis alto.

&nbs;

Todas as novas do balonmán costeiro

  • O ambiente, o gran vencedor.
  • Máis información

    Comentarios