Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Basket: O ACB Bazarra fíxolle fronte ao CB Laracha a pesar das baixas por COVID

Choque do ACB Costa da Morte
Imaxe do partido
Basket: O ACB Bazarra fíxolle fronte ao CB Laracha a pesar das baixas por COVID

Volvían aínda esta fin de semana do parón de Nadal as xogadoras do E.S. Bazarra Costa da Morte. E como moitas outras, sufriron na sua corta plantilla varios casos de Covid, que lles obrigou a afrontar o choque ante o Laracha Clínica Noya con só 5 xogadoras.
Así e todo, pelexaron ata o final ante o líder da clasificación, dando un novo exemplo de compromiso e competitividade.

2ª División Senior Feminina - Grupo norte-único, 8ª xornada

  • Resultado: E.S. BAZARRA COSTA DA MORTE - Laracha Clínica Noya (46-50)
  • Parciais: 14-13; 5-13; 11-8; 16-16 / Acumulado: 14-13; 18-26; 30-34; 46-50.
  • E.S.BAZARRA COSTA DA MORTE: Ana, 10 ptos; Fani, 15 ptos (3 triplas); María Mas, 0 ptos; María Castro, 5 ptos (1 tripla); Sandra, 16 ptos (2 triplas) - quinteto inicial-.

Inicio de partido no que Laracha foise no marcador, pero un bo traballo en defensa e un bo acerto en tiro do equipo local fixo que chegaran o final do primeiro cuarto por diante. No segundo cuarto, notouse un baixón nas rapazas ceenses que quedaron en só cinco puntos neste cuarto.
Tralo descanso, un bo arranque das locais permitiulle recortar a desvantaxe ca que se foron o descanso e ter opcións de seguir no partido. Pero no último cuarto non foron capaces de acabala remontada, quedando 4 puntos abaixo ao final do encontro.

As costeiras xa preparan a 9ª xornada, que será o vindeiro domingo 30, ás 17:00h no Municipal de Cee, ante o COOK CB Terra Chá.

Novas relacionadas

Comentarios