Domingo. 06.10.2024
El tiempo

O dumbriés Brais Sánchez Cancela, Campión Galego Cadete en Piragüismo

Brais Arbo
Brais
O dumbriés Brais Sánchez Cancela, Campión Galego Cadete en Piragüismo

O Deportista do CDM Piragüismo Dumbría Bráis Sánchez Cancela logrou proclamarse Campión Galego Cadete na Campionato celebrado na vila pontevedresa de Arbo. O de Xestosa que permanece becado no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra logrou sin embargo colarse nas dúas finais das modalidades que partipaba, logrando ser finalmente Campión Galego en Canoa, e subcampeón en Kayak.

Brais Podium

A proiba desenvolveuse nun tramo do río Miño de altísima dificultade, que provocou que a maioría dos participantes no foran quen de pasar o peche e control, como lle pasou ós outro representantes do clube, Martín Fernández Romar ou a Marco Antonio Oreiro Caamaño, quen a pesar de completar todo o percorrido, non o fixeron no tempo mínimo para poder meterse nas finais.

Pola súa banda, os infantís Xesus Pena Cundíns e Sara Fernandez Romar fixeron moi boas mangas cada un deles, participando ambos nas Finais reservadas ós infantís aínda que non fose esta proba puntuable para os seus campeonatos. Sara Fernández Romar logrou facerse coa victoria da proba na súa categoría, sendo Xesus Pena Cundíns segundo clasificado na categoría Infantíl Masculina.

Seguinte proba, en Murcia

O CDM Piragüismo Dumbría xa ten preparado a súa viaxe á vila murciana de Calasparra, onde o a entidade costeira participará na Copa de España de Jovenes Promesas de Slalom.

Novas relacionadas

 

Comentarios