Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O CDM Piragüismo Dumbría arranca con dúas escolas de Piragüismo este verán en Vimianzo e Mazaricos

Equipo Piraguismo Dumbría
O equipo do Piraguismo Dumbría no Rosal
O CDM Piragüismo Dumbría arranca con dúas escolas de Piragüismo este verán en Vimianzo e Mazaricos

Coa chegada do verán, o CDM Piragüismo Dumbría extende a súa actividade os concellos veciños de Vimianzo e Mazaricos, onde organizará escolas de verán de Slalom de Augas Bravas para rapaces na praia fluvial de Pasarela, os martes e xoves, e na praia fluvial da Pontenova, en Mazarivos os mercores e venres. Para apuntarse é imprescindible saber nadar e ter un mínimo de 8 anos (máis pequenos, consultar).

Para máis información, ademáis de no própio lugar dos  entrenos, tamén se pode consultar nos concellos de Dumbría Vimianzo ou Mazaricos, ou no telefono 629.126.623.

Última proba

O CDM Piragüismo Dumbría alcanzou un botín de seis medallas e un terceiro posto por clubes na segunda proba da Copa Galega de Promoción de Slalom na proba que se celebrou esta fin de semana en augas do río Tamuxe no concello de O Rosal.
Ademais dun excelete 3º posto por clubes, os costeiros alcazaron tamén seis medallas a nivel individual, a traves do bo facer de Sara Romar e Aroa Piñeiro que foron segunda e terceira respectivamente tanto na modalidade de canoa coma en kayak.Tamén subiu ó podium a debutante Ada Martínez Outes, que foi terceira na categoría pre-benxamín.
A útima das medallas da xornada foi a de Xesus Gundíns, que foi segundo no K1 infantil, despois de ter sido o mellor na primeira manga.

A vindeira proba da Copa Galega de Promoción terá lugar o 11 de xuño en Monforte.
 

Comentarios