Mércores. 16.10.2024
El tiempo

Carballo lidera a porta en marcha do proxecto estatal da “Rede de Pobos do Surf”

Carballo rede pobos_surf
Evencio Ferrero acodíu á presentación da Rede en Valdoviño
Carballo lidera a porta en marcha do proxecto estatal da “Rede de Pobos do Surf”
Hai tempo que non sabemos nada do proxecto por conseguir convertir a Costa da Morte nunha Reserva Mundial de Surf. Pero o Concello de Carballo segue intentando afianzar a praia de Razo como referente internacional.

Desta volta, xunto a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, en Galicia, e os municipios de Getxo (Euskadi), Ribamontán al Mar (Cantabria) e Castrillón (Asturias), veñen de constituír a Rede de Pobos do Surf. Este ambicioso proxecto turístico conta cunha importante axuda económica do programa “Experiencias Turismo España” provintes dos Next Generation, de arredor do medio millón de euros.

”A rede de Pobos do Surf pretende ser unha nova experiencia a nivel estatal e unha ferramenta de traballo colaborativo na xestión sostible do turismo de surf dun modo integral, que contribúa á conservación do medio natural, fomentando a protección das ondas e da costa e a súa regulación, e á promoción do patrimonio cultural, con especial énfase na gastronomía e a historia de cada municipio da rede e da totalidade da mancomunidade”, explican dende o consistorio carballés.

Así, crearanse novos produtos turísticos ligados a actividades sostibles tematizadas (surf e patrimonio cultural, surf e lecer en familia, e surf e gastronomía), tendentes á desestacionalización do turismo nos respectivos territorios.

O proxecto contará cunha marca propia e as arredor de 120 empresas vinculadas ao deporte nestas zonas poderán aproveitar as campañas da marca.

Novas relacionadas

Comentarios