O CDM Piragüismo Dumbría, nove medallas e 2º por equipos na Copa Galega de Promoción de Slalom de Ribadumia
Boa participación da familia máis noviña do CDM Piragüismo Dumbría na Copa Galega de Promoción de Slalom celebrada esta pasada fin de semana en Ribadumia. Ademais das nove medallas e un segundo posto por clubes, a xornada de convivencia foi fantástica.
Os dous triunfos foron para Xesús Pena Cundíns e Sara Fernández Romar ambos no K1 Alevín, que tivo doblete costeiro na categoría femenina, pois Aroa López Piñeiro alcanzou o segundo chanzo do podium. En canto ás demais medallas de plata, ademáis da xa comentada de Aroa, Xesús Pena Cundíns logrou o segundo posto na súa primeira competición en C1 Alevín, Iera Lema Gerpe o foi no K1 benxamín femenino, e Sara Fernández Romar tamén foi segunda no C1 Alevín femenino, acompañada outra vez no podium por Aroa Lopez Piñeiro, que foi bronce, coma tamén o foron Brais Sanchez Cancela no C1 Infantil masculino, e Laura Caamaño García no K1 infantil femenino.
Ademais foron varios os deportistas do clube que estiveron pretiño do podium con varios 4º postos, coma Roque Gonzalez, Martín Fernandez Romar, Xián Caamaño García ou Sabela Corbelle Insua.
En canto á clasificación por clubes, o CDM Piragüismo Dumbría foi segundo, por detras do Clube Montaña Quixos de Monforte, e con muito marxe sobre o terceiro clasificado, o CDM Teixugos de Goian.
Vindeira cita
As vindeiras probas do CDM Piragüismo Dumbría son as que se disputarán no Campo de Slalom de O Couquiño, en Olveira, onde o domingo 23 de xuño terá lugar a Copa Galega de Slalom, e o seguinte fin de semán 29 e 30 de xuño, será a sede da Copa de España de Jovenes Promesas de Slalom.