Luns. 29.04.2024
El tiempo

O Club Acuático Laracha faise con 4 récords de España

CAMPIONATO Salvamento piscona Carballo
O Club Acuático Laracha faise con 4 récords de España

Esta pasada fin de semana celebrouse, na Piscina Carballo Calero de Carballo, o Campionato Galego de Distancias Cortas Xuvenil, Junior e Absoluto. Unha organización exitosa, con centos de deportistas de toda Galicia, no que os clubs de Bergantiños SYSCA Carballo e SAL da Laracha triunfaron.

Os carballeses, dedicaron os triunfos a Diego.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

A post shared by Club Sysca (@club_sysca)

CLUB SAL DA LARACHA

CAMPIONATO Salvamento piscona Carballo
CAMPIONATO Salvamento piscona Carballo

Pola súa parte, o Club SAL, ademais de proclamarse Campión Galego, fíxose con varios Récords Galegos e Récords de España. Nas probas individuais, os nosos deporstistas conseguiron subirse ó primeiro posto do pódium en 12 ocasións traendo otras tantas medallas de Ouro, así como 7 pratas e 9 bronces, tanto na categoría absoluta coma na xuvenil e junior, ademais de  acerse con varios dos récords galegos e récords de España:

  • Noelia Loureiro Serrano, absoluta feminina: Récord España e Rércord Galego no 50 m socorrista.e Récord Galego no 100 m supersocorrista
  • Sergio Campos Varela, absoluta masculino: Récord de España e Récord Galego 50 m obstáculos e Récord Galego 50 m combinada
  • Lucía Añón Sánchez, xuvenil feminina: Récord Galego na 50 m combinada
  • Álvaro Hidalgo Peón, junior masculino: Récord Galego no 100 m supersocorrista
  • David Fraga Rodríguez, absoluto masculino: Récord Galego no 100 m supersocorrista

Vindeira cita

Xa se preparan ambos clubspara Campionato de España de Distancias Cortas Xuvenil, Junior e Absoluto que se celebrará na Piscina Parquesol de Valladolid os próximos 2 e 3 de marzo.

Comentarios