O club Arte e Movemento arrasa no campionato galego de bailes caribeños
08:10 06/06/18
O clube de Cee obtivo varias medallas durante o campionato que tivo lugar o pasado domingo en Lugo
O pasado domingo celebrouse en Lugo o campionato galego de Bailes Caribeños 2018. Alí estaba representando a Costa da Morte o club Arte e Movemento. Os seus integrantes regresaron á casa despois dun día cargado de emocións e con moi bos resultados que se resumen na seguinte táboa:
- Jandro e Magali: Campións Galegos Absoluto
- Vicente e Laura (17 e 16 anos): Campións Galegos Youth
- Alberto e Noelia (17 anos): Subcampións Galegos Youth
- Pantera's Mambo (Lucia, Noelia, Gisela, Carla, Ainhoa, Maria, Fatima, Laura, Marey, Elena, Lucia, Soraya, Alba e Duna): Campionas Galegas Caribbean Show Dance Under15
- Gisela (15 anos): Campiona Galega Salsa Shine Junior feminino
- Lucía (12 anos): Subcampeona Galega Salsa Shine Junior Feminino
- Soraya (13 anos): Bronce Salsa Shine Junior Feminino
- Laura (12 anos): 4º posto Salsa Shine Junior feminino
- Alberto (17 anos):4º posto Salsa Shine Over16 masculino
- Edgar e Ashley (10 e 9 anos): 4º posto Galego Xuvenil Cubano
Taekwondo
O club de Cee tamén destaca no Taekwondo, onde o deportista Samuel Mendez é o campión galego cadete e Andrea García é subcampiona galega junior.
Novas relacionadas
- Abril 2018: Samuel Méndez, do club Arte e Movemento, participa no Open Marina d'Or Taekwondo
- Abril 2018: O club Arte e Movemento, suma e sigue
- Marzo 2018: Andrea García, ca Selección Galega Junior en Combate
- Redacción QPC ([email protected])
- Club Arte e Movemento