O Club Ciclista Carballo abre a temporada no Barbanza e en Marín

11:17 22/04/22
Este domingo comeza a temporada de competición para as escolas do Club Ciclista Carballo Vázquez y Reino en O Seixo – Marín. Á proba organizada polo Club Ciclista XSM, asistirán 12 nenas e nenos das categorías principiantes, alevins, infantís e cadetes.
- En principiantes participarán: Álex Iglesias, María Seoane, Manuel Vales, Miguel Puente
- En alevíns: Álvaro Iglesias, Pablo Seoane, Julia Suárez
- En Infantís: Álvaro Amado, Álvaro Cristobo, Darío Casal, María Puga
- En Cadetes: Alejandro García.
Póñense así en marcha todas as categorías de ciclismo en estrada despois de que xa participaran Nerea Suárez na Copa de España de Féminas en Pontevedra e Alberto Garcia na 1ª Challenge Volta ao Barbanza.