Martes. 30.04.2024
El tiempo

O Club Dáfit triunfa nos Campionatos Galegos de Kickboxing e pensa nos Estatais

Dafit Kickboxing
O Club Dáfit triunfa nos Campionatos Galegos de Kickboxing e pensa nos Estatais

Segue medrando o club Dafit Kickboxing. O equipo costeiro vén de triunfar nos Campionatos Galego de Kickboxing 2024 (Tatami), celebrado en Marín, e xa pensa no Campionato de España.

O club ceense volveu con 8 metais, 4 deles de ouro. Resultaron campionas Sofía Darriba (sumou dous ouros na categoría junior), Zoe Montero (sumou dúas medallas na categoría cadete), Alicia Mouzo (un ouro e unha plata sénior) e Yasira Castro (un ouro e unha plata en sénior).
Dúas platas conseguíu Sergio Martínez, en master, e dous bronces se colgaron Ainhoa Lema (cadete) e Nuria Gándara (junior).

As 4 campionas, xunto con Paty Túñez, que non atopou rival, teñen así o pasaporte para o Campionato de España.

Comentarios