Sábado. 11.05.2024
El tiempo

Comezou a campaña de baloncesto na Costa

Comezou a campaña de baloncesto na Costa

Doble cita para abrir o ano baloncestístico da Costa da Morte. Un ano que terá como protagonista ao Oso Polar Costa da Morte, pois por Baio terán que conformarse con torneos esporádicos.

Oso Polar Costa da Morte

  • Resultado: C.B.A - OSO POLAR COSTA DA MORTE (76-41).
  • Oso Polar: Fabián (6), Pais (3), Manu (2), David (13), Javi Soto (11), Iván (6), Andrés, José, Anxo.

As baixas de última hora de xogadores importantes do Oso Polar pesaron máis do esperado. Dous pesos pesados do persoal non puideron acudir definitivamente ao encontro (José Ramón por motivos persoais e Rober por unha inoportuna lesión), tampouco asistiron Noel e Segio.

Aínda que era lóxico que se notase a falta destes xogadores na faceta anotadora o que non pode ser é que a nosa defensa sexa tan branda. Saímos á pista cunha falta de intensidade impropia dun equipo que necesita facerse forte defendendo, xa que a nosa anotación polo xeral adoita ser baixa. Deste xeito permitimos que o equipo local anotase con facilidade, tanto desde a linea de 3 como en posicións próximas ao aro. O que lles levou a anotar 18 puntos no primeiro cuarto e 23 no segundo.

A segunda parte foi ben distinta, apreciouse sobre todo no terceiro cuarto, a agresividade que debemos ter durante os 40 minutos, así o equipo local pasouno mal, custáballe unha chea anotar, con todo neste momento do partido a sorte xa estaba botada, o último cuarto foi intranscendente, cos xogadores do Oso Polar xa moi cansados polo esforzo no cuarto anterior.

  • A próxima semana xógase na pista do Sacro Corazón en Lugo, o domingo ás 17:00h.

Outros equipos do Oso Polar

Pola súa banda o É Bazarra Costa da Morte sufriu unha dura derrota na cancha de Maristas por 89 a 40.
Ademais infantil masculino Ferroatlántica Costa da Morte realizou o seu debut na competición contra o Artai A, caendo derrotado por 92 a 20, a pesar do avultado do resultado as sensacións dos mozos xogadores do Costa da Morte foro moi positivas.



Torneo en Baio

Sobre un centenar de persoas déronse cita no Pabellon Municipal de Baio para asistir ao 1º Torneo de Baloncesto de Baio-Seguros Reale. Tanto o equipo local,C.B. Baio Ramos Alideis, como o visistante C.B. Artai, mostraron unha deportividade digna de enmarcar.
A mañá comezaba co duelo entre os conxuntos cadetes de ambas as escuadras no que o primeiro cuarto foi moi disputado chegándose á finalización deste cun tenteo de 6-10 pero os carballeses pisaron o acelerador os primeiros minutos do segundo cuarto e puxeron terra polo medio cun parcial de 0-14 chegando ao descanso cun avultado 6-24. O resto do partido foi un mero tramite ata a súa finalización co resultado de 18-41. O máis destacable do partido foi o debut por parte local de Alejandro de 6 anos que encesto a canastra máis aplaudida de toda a xornada.

Cadete

  • Resultado: C.B. Baio Ramos Alidis - C.B. Artai (18-41)
  • Parciais: 6-10 / 6-24 / 10-35 / 18-41.
  • C.B. Baio Ramos Alidis: Dario (2), Brais (2), Cristina (3), Jorge (2), Dani (3), David (2), Javi(4)Alberto, Lucia, Xian e Blasco.
  • C.B. Artai: Cotelo (6), Mato (4), Sueiro (5), Viña (4), Puente (7), Abelenda (4), Pose (4), David (2). Pose (5) e Pablo Santiago.

A media mañá era a quenda para os equipos junior femininos que, tal como discorreu a xornada, foi o máis competido de ambos os duelos. O adestrador local, Pablo Moreira debutaba aos mandos das de Soneira e a escuadra carballesa chegaba ao Municipal de Baio con numerosas baixas.

Os dous primeiros cuartos do encontro foi un escaso intercambio de canastras chegando ao descanso cun paupérrimo 8-9. Pero o terceiro cuarto foi o punto de inflexión do partido porque as baiesas cun 8-0 e unha gran defensa inclinaron a balanza ao seu favor chegando ao final deste cunha vantaxe de 23-15. Na recta final de partido imperaron as defensas de ambos os conxuntos que sumado ao cansazo acumulado polas xogadoras acabo con tenteo realmente baixo (23-17).

Junior Feminino

  • Resultado: C.B. Baio Ramos Alidis - C.B. Artai (23-17).
  • Parciais: 6-7 / 8-9 / 23-15 / 23-17.
  • C.B. Baio Ramos Alidis: Sandra (6) ,Castro (2), Cristina (2), Nerea (7), Nazaret (6), Maria, Carla, Lucía, Elena e Carlota.
  • C.B. Artai: Zaida (2), Raquel (4), Garcia (2), Nico (2), Mato A. (5), Mato M.(2), Pose, Garcia, Lola, Uxía, Pombo.

Entrega de Trofeos

Unha vez acabados os encontros dispúxose á entrega de trofeos e medallas para todos os participantes e que tivo a honra de contar co Alcalde de Zas Manuel Muiño e Roberto Mouro de Seguros Reale para a ocasión. Esperemos que este 1º Torneo de Baloncesto de Baio-Seguros Reale sexa o primeiro de moitos que se disputen nun futuro e desde aquí tamén quero destacar a excelente organización do evento por parte da nova directiva do C.B.BAIO que se houbese que pór nota levarían un 10.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios