Baloncesto e Teatro, as actividades preferidas dos cativos de Zas, abren un novo curso

Xuntamos hoxe dúas actividades importantes no Concello de Zas. Teatro e Baloncesto levan anos ocupando o tempo dos pequenos, gracias á labor de dous grupos directivos exemplares. Por unha banda a Escola de Baloncesto de Baio e pola outra a xente de Badius Teatro, que leva 25 anos espallando a cultura teatreira pola comarca de Soneira.
Unha de Baloncesto

O "Clube de Baloncesto Baio", co que colaboran a Deputación da Coruña, Concello de Zas, Ramos Alidis e Seguros Reale, levará a cabo o próximo domingo, 30 de outubro no Pavillón Municipal de Baio a presentación do clube e o 1º Torneo Seguros Reale, que se disputará entre C.B.Baio e C.B.Artai.<
As 10.30 hrs. terá lugar o partido de cadete masculino e as 12.30 hrs. o junior femenino. Rematados os encontros entregaranse os trofeos os participantes. A entrada e de balde para o que queira pasarse polo Municipal de Baio.
Dende o Clube tamen querese facer un chamamento a tódolos soneiráns de que aínda está aberto o prazo de inscricións para tódalas persoas interesadas no deporte do baloncesto e mais esperase que este sexa o primeiro de moitos torneos.
V Escola de Teatro

Dende Badius nos informan que queda aberto o prazo de incripción para Escola de Teatro Municipal de Zas. Marco Alvarez Rodríguez, xunto con Pablo Soto "Pibe" serán os monitores de teatro da V escola de teatro municipal de Zas. As clases comenzan o sábado 5 de novembro de 2011 ata finais de maio de 2012.
O curso desenrolarase os sábados no seguinte horario:
- Horario Baio: Sábados de 12:30 a 14:00 horas no salón de actos do Polideportivo.
- Horario Zas: Sábados de 15:30 a 17:00 horas no salón de actos do Concello.
Os interesados poden anotarse no concello ou chamar por teléfono 981 75 13 98 ou a través Facebook no grupo Badius.
Novas relacionadas
- 25 anos espallando o teatro dende Baio para toda a Costa da Morte.
- Badius e Feminino Plural gañan premios no certame de teatro afeccionado máis importante do país .
- As Escolas de Baloncesto de Zas gañan e perden.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).