Concello, Bm. Camariñas e Federación Galega únense para fomentar o balonmán na Costa da Morte

10:17 17/01/22
Despois de coñecer a renovación da dirección do Balonmán Camariñas, o club continúa o seu traballo para expandir as redes do deporte pola comarca. Vén de artellar unha reunión para presentarlle á nova estrutura do Club, coa nova coordinadora xeral, Nerea López, ao fronte, á mesma Federación Galega de Balonmán.
Club, Federación e tamén o Concello de Camariñas, unen forzas para co obxectivo de crear un proxecto para fomentar o balonmán no municipio en particular e na Costa da Morte en xeral.
Tamén se acordou por parte dos tres estamentos a unión de forzas para retomar a actividade post COVID con máis forza e seguir coa posta en valor do balonmán, que xa conta con 27 anos de vida en Camariñas.